Cavidade torácica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cavidade torácica
Cavidades corporais
O tórax visto da dereita.
Gray's pág.524

A cavidade torácica é o espazo interior do tórax e está dividida en tres partes: dúas cavidades pleurais e o mediastino. Está protexida pola caixa torácica.

As cavidades pleurais están completamente separadas unha da outra e, cos pulmóns, ocupan a maior parte da cavidade torácica. Os pulmóns e as súas membranas de revestimento, chamadas pleura, ocupan as partes laterais da cavidade torácica.

O espazo entre as rexións pleuropulmonares, chamado mediastino, esténdese no sentido cranio-caudal da abertura torácica superior ao diafragma. O mediastino contén: o corazón, as partes torácicas dos grandes vasos e outras estruturas importantes (por exemplo, as partes torácicas da traquea, do esófago, o timo, a parte do sistema nervioso autónomo e o sistema linfático.

Cavidade torácica, vista desde a esquerda. Pulmóns non reflectidos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]