CatPeople

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CatPeople
OrixeVigo, Galiza
Período2003 - actualidade (en paréntese)
Xénero(s)post-punk revival
Selo(s) discográfico(s)PuPilo, PIAS
MembrosAdrián PD
Paco Iglesias
Raúl Muñoz
Iván Fernández
Antigos membrosAdolfo Rodríguez
Javier Abalo
Na rede
http://catpeopletheband.com/

CatPeople é unha banda galega de post-punk revival procedente de Vigo, aínda que na actualidade residente na cidade de Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

CatPeople naceu en Vigo a mediados do ano 2003 formada por Adrián PD (voz), Paco Iglesias (batería) e Adolfo Rodríguez (baixo). Inicialmente a banda chamouse Isósceles e posteriormente rebautizárona como Magic Noise, nome co cal gravaron a súa primeira maqueta, para a cal se uniu a eles o guitarrista Javier Abalo.

Durante os seus primeiros anos a banda estaba dividida entre Galiza e Barcelona por motivos de estudos dos seus membros (Adrián e Javier estudaban cine na cidade catalá). A mediados do ano 2005 Paco trasladouse a Barcelona e entraron na banda Raúl Muñoz nos teclados e Nadas no baixo, ao quedar Adolfo en Galiza (aínda que este se mantería como compositor). O grupo xa adoptara o nome de CatPeople o comezaba a preparar o seu traballo de estrea, despois de que a súa demo CatPeople fose elixida pola revista Mondosonoro como a mellor do ano 2005.

En xaneiro de ano 2006 comezou a gravar no estudio barcelonés Blind Records o seu primeiro álbum, Reel#1, co selo PuPilo Records. Durante a xira de promoción do álbum tocaron en diversas cidades españolas e en países europeos como Portugal, Francia, Alemaña e a República Checa, así como en varios festivais como Benicassim, Contempopránea, Sonorama, Festival Do Norte, Europavox ou Popkomm.

O seu segundo álbum, What's the Time Mr Wolf?, gravado tamén en Blind Records a finais do ano 2007, foi lanzado polo selo PIAS España o 9 de novembro do 2008.

O seu terceiro álbum, Love Battle, foi editado no mes de abril de 2011 e distribuído gratuitamente coa revista MondoSonoro.

Membros[editar | editar a fonte]

  • Adrián PD - voz e guitarras
  • Raúl Muñoz - guitarras e teclados
  • Iván Fernández - baixo
  • Paco Iglesias - batería

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]