Castro de Rañobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°20′18″N 8°29′20″O / 43.3382, -8.4890027777778

Castro de Rañobre
ParroquiaOseiro
ConcelloArteixo
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15005005
Cronoloxía
Períodos de escavaciónnon escavado
Estado actualuso agrícola
Extensión estimada4 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O Castro de Rañobre é un castro situado en Oseiro (Arteixo). Ten forma elíptica coas defensas moi suavizadas polos labores agrícolas. Só están visibles o terraplén, un foxo e un parapeto[1].

Polo castro pasa unha estrada, hai varias vivendas e é empregado como zona agrícola.

Descrición[editar | editar a fonte]

Vista dentro do Castro.

O castro mide uns 350 metros de SW-NE e uns 250 metros de NW-SE. A parte alta do castro está mellor conservada véndose parte das defensas. No lado máis baixo do castro as labouras agrícolas desfixeron esa parte. O castro ten internamente socalcos a varios niveis polos desniveis do chan e por traballos agrícolas. Dentro do castro hai varias vivendas, unha empresa e pasa unha estrada. O castro está aproveitado para leiras e horta. Pódense ver as pedras nos lindes e como marcos.

O castro está catalogado e ten unha área de protección delimitada.

Tumbas do castro[editar | editar a fonte]

En abril do 2009 durante as obras do porto exterior da Coruña nos límites do peche exterior que delimita o terreo expropiado atopáronse varias tumbas do castro de Rañobre a máis de 200 metros do castro[2][3].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]