Castelán nicaraguano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelán nicaraguano
Outros nomes:Español nicaraguano
Falado en: Nicaragua
Total de falantes: 6,2 millóns (2018)[1]
Familia: Indoeuropea
 Itálica
  Románica
   Occidental
    Galoibérica
     Iberorrománica
      Ibero-occidental
       Castelán
        Castelán nicaraguano
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Nicaragua
Regulado por: Academia Nicaraguana da Lingua
Códigos de lingua
ISO 639-1: es
ISO 639-2: spa[2]
ISO 639-3: spa
SIL: SPN
Mapa
Status

O castelán nicaraguano é a variedade do castelán falado en Nicaragua. O castelán nicaraguano tamén é chamado a miúdo como nicañol.[3] O castelán nicaraguano comparte moitos trazos comúns coas variedades veciñas da rexión, mais tamén conta con diferenzas de pronuncia e uso da lingua.

Nicaragua ten a porcentaxe máis alta entre tódolos países de América Central de uso de voseo, é dicir, o uso do pronome vos para a segunda persoa do singular, no canto do do castelán de España. Neste senso é semellante ao uso da lingua que se fai na Arxentina e no Uruguai, no coñecido como castelán riopratense. Vos é usado de maneira adoita en situacións familiares e coloquiais. O uso de "vos" pode escoitares en medios de comunicación e pode verse escrito en publicacións.[4]

Na Rexión Autónoma do Atlántico Norte e na Rexión Autónoma do Atlántico Sur, a lingua e a pronuncia está fortemente influída polas linguas indíxenas e crioulas, como o miskito, o rama, o sumo, o inglés crioulo nicaraguano, o patois xamaicano, o garífuna e o crioulo de Rama Cay.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
  2. "ISO 639-2 Language Code search". Library of Congress. Consultado o 21 de setembro de 2017. 
  3. Nicaragua: Culture
  4. "Diccionario panhispánico de dudas". buscon.rae.es. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]