Carlos Callón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Callón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1978 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Ribeira, España Editar o valor em Wikidata
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
2002 – 2014
← Concha CostasMarcos Maceira → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre , filólogo Editar o valor em Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Páxina webcarloscallon.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: carloscallon Instagram: carloscallon TikTok: carloscallon AELG: 421 Dialnet: 1964864 Editar o valor em Wikidata
Carlos Callón co Apalpador.

Carlos Manuel Callón Torres, nado en Santa Uxía de Ribeira o 26 de agosto de 1978, é licenciado en filoloxías galega, portuguesa e románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutorouse na Universidade da Coruña. Exerceu como profesor de lingua e literatura galega e lingua portuguesa no CPI Alfonso VII de Caldas de Reis e no IES de Bertamiráns. Exerce como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol Giner de los Ríos de Lisboa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na Mesa pola Normalización Lingüística, organización de cuxa xunta directiva nacional é membro dende 1995 e que presidiu desde 2002 a 2014, desde entón é Presidente de Honra da entidade.[1] É presidente tamén do padroado da Fundación Vía Galego, desde a súa constitución en 2006. Presidiu tamén a Fundación Vía Galego[2] e a federación estatal Diverslinguae, desde a constitución de ambas, en 2006 e 2008, respectivamente.

Foi concelleiro por parte do BNG na súa vila natal entre xaneiro de 2001 e xuño de 2002, e membro do Consello Asesor de RTVE en Galicia entre 1998[3] e 2002.

Foi membro do grupo Galabra da USC e do consello de redacción de Longalingua. Publicación galega de lingua e sociedade[4]. Colaborou nos primeiros pasos da Biblioteca Virtual Galega, da Universidade da Coruña. É membro do Grupo GRAALL da USC.

O 20 de decembro do 2015 presentouse ao Congreso pola provincia da Coruña representando a Nós - Candidatura Galega.

Exerce como profesor de Xeografía e Historia no Instituto Espanhol de Lisboa.[5]

Obra[editar | editar a fonte]

É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística e mais nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor de libros como Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela) (2005) e En castellano no hay problema (2010), no cal aborda a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, facendo especial fincapé na política lingüística do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo[6].

Presentado O libro negro da lingua galega en Pontevedra disfrazado de Padre Sarmiento (2022)

En febreiro de 2011 gañou o XVI premio Vicente Risco de Ciencias Sociais coa obra Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media[7], na que analiza a aceptación da adelphopoiesis na Idade Media. Entre outra documentación, analiza un documento de 1061 recollido no Tombo de Celanova, polo cal Pedro Díaz e Muño Vandilaz subscribían unión en Rairiz de Veiga[8].

Ensaio[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • XVI Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en 2011, por Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media.
  • Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de ensaio no 2011, por Amigos e sodomitas.
  • Premio Redelibros de Ensaio no 2011, por Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
  • Premio Careón 2018, pola súa traxectoria literaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-11-16. 
  2. Páxina web Arquivado 22 de maio de 2017 en Wayback Machine. da Fundación Via Galego.
  3. DECRETO 68/1998, do 5 de marzo, polo que se nomean os membros do Consello Asesor de RTVE en Galicia.
  4. Páxina web Arquivado 24 de novembro de 2011 en Wayback Machine. de Longalingua.
  5. "Presentación do poemario "Inscricións" de Carlos Callón.". Asociación Cultural O Galo. Consultado o 2022-07-18. 
  6. "Sinopse do libro no web de Edicións Xerais". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2010. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  7. "Carlos Callón gaña o Vicente Risco de ensaio cunha obra sobre a homosexualidade na Idade Media", artigo en www.culturagalega.org, 28 de febreiro de 2011.
  8. "Máis que amigos", artigo en Vieiros, 6 de decembro de 2008. Consultado o 15 de xuño de 2010
  9. Callón, Carlos. Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela. 
  10. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-06-04. 
  11. "Carlos Callón". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2021. Consultado o 2021-11-16. 
  12. Callón, Carlos (xullo, agosto, setembro 2021). "A abertura da boca". Grial LIX (231): 101–103. ISSN 0017-4181. 
  13. Porto, Lorena (abril, maio, xuño 2022). "O ollo no buraco". Grial LX (234): 91. ISSN 0017-4181. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]