Cardiño da lagoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cardiño da lagoa,[1] Eryngium viviparum, é unha especie fanerógama de Eryngium pertencente á familia das apiáceas catalogada como especie en perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas da Xunta de Galicia.[2]

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha herbácea perennifolia, que alcanza un tamaño de 2–10 cm de altura, inerme ou case. Cepa curta, provista de raíces fasciculadas numerosas, finas, escuras. Talos c. 0,1 cm de diámetro na base, ± decumbentes, moi pouco ramificados na parte superior, de cor palla. Follas basais 1,5-10 × 0,2–1 cm, persistentes na antese, que adoitan formar roseta, linear-lanceoladas, gradualmente atenuadas en longo pecíolo sen dentes, regularmente denticuladas ou provistas de espínulas tenras, cun nervio principal e 2 ou máis secundarios, que discorren ± paralelos desde a base e cuxas ramificacións forman un retículo tenue; follas caulinares 0,7-1,7 cm, todas opostas, palmatipartidas, con 3-5 segmentos -os laterais máis pequenos, ás veces moi reducidos, todos ± lineares-, amplexicaules, espinulosas, ás veces con propágulos exilares no outono. Capítulos hemisféricos, apenas destacados do invólucro, sésiles ou con pedúnculo até de 2 mm, con (6)7-10 flores, agrupados en dicasios. Brácteas 5-6(12), de 5–10 mm, de 2-3 veces a lonxitude do capítulo, lanceoladosubuladas, cun par de espínulas laterais, pouco ríxidas, non punzantes, soldadas en c. 1/4 da súa lonxitude, verdes. Bractéolas 2-4, subuladas, con 0-1 espínula na marxe, moi semellantes ás brácteas. Flores parcialmente abrazadas por aurículas escariosas de brácteas ou bractéolas. Sáibaos c. 1–2 mm, ovados, ríxidos, con espiña apical, azulados. Mericarpos de 1,5 mm, espidos na súa maior parte, con escamas minúsculas na parte superior. Ten un número de cromosomas de 2n = 16*, 18.[3]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Atópase en lugares con enchoupamento temporal, frecuentemente en substrato silíceo; a unha altitude de 300-1100 metros no NW de Francia (Morbihan) e NW da Península Ibérica (Galicia, comarca de Sanabria, arredores de Porto).

En Galicia pode atoparse principalmente no interior da provincia de Lugo (Terra Chá) e Ourense.[4]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O Eryngium viviparum foi descrito por Jacques Etienne Gay e publicado en Annales des Sciences Naturelles, Botanique III, 9: 171. 1848.[5]

Etimoloxía

Eryngium: nome xenérico que probablemente fai referencia á palabra que lembra o ourizo: "Erinaceus" (especialmente desde o grego "erungion" = "ción"), pero que tamén podería derivar de "eruma" (= protección), en referencia ás espiñentas follas das plantas deste tipo.

Viviparum: epíteto.

Sinonimia
  • Eryngium pusillum Boiss.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]