Cara visible da Lúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cara visible da Lúa cos principais mares e cráteres.
O lado visible da Lúa observado durante un mes, mostrando os efectos das libracións.
Cara visible da Lúa fotografada polo LRO da NASA.

A cara visible da Lúa é o hemisferio da Lúa que está permanentemente orientado cara á Terra, sendo o hemisferio oposto á cara oculta da Lúa. A razón pola cal desde a Terra só é visible esta cara da Lúa é debido a que a Lúa vira ao redor do seu eixo de rotación á mesma velocidade á cal orbita ao redor da Terra, o cal se coñece como rotación síncrona ou axuste de marea.

A Lúa está directamente iluminada polo Sol e debido á variación cíclica das condicións de observación desde a Terra ocorre o que se coñece como fases lunares. As partes non iluminadas da Lúa poden ás veces estar debilmente iluminadas debido ao brillo da Terra, que non é máis que a luz solar que ao reflectirse na superficie da Terra se proxecta sobre a Lúa. Dado que a órbita da Lúa é un pouco elíptica e está inclinada respecto do seu plano ecuatorial, as libracións permiten que até un 59% da superficie da Lúa poida verse desde a Terra (aínda que desde calquera punto da Terra en calquera momento só pode observarse a metade do satélite).

Nomenclatura[editar | editar a fonte]

A cara visible da lúa está cuberta por grandes áreas escuras que os primeiros astrónomos que a cartografaron no século XVII (principalmente Giovanni Riccioli e Francesco Maria Grimaldi) pensaron que se trataban de mares.[1] A pesar de que posteriormente se descubriu que a lúa non tiña mares, o termo «mare» segue sendo utilizado. En contraposición, as rexións con cor máis clara son denominadas «terrae», máis comunmente referidas como terras altas.

Orientación[editar | editar a fonte]

A imaxe da Lúa normalmente móstrase nos mapas co norte na parte superior e o oeste á esquerda. Con todo, os astrónomos normalmente viran o mapa colocando o sur na parte superior de forma que se corresponda coa imaxe vista na maioría dos telescopios, os cales mostran a imaxe invertida.

Hai que ter en conta que, na lúa, o leste e o oeste se atopan onde cabe esperalos se estivésemos de pé na lúa. Pero cando nós, desde a Terra, vemos a Lúa no ceo a dirección leste-oeste invértese. Para precisar unhas determinadas coordenadas sobre a Lúa deberíase, por tanto, mencionar sempre se se trata de coordenadas selenográficas ou de coordenadas astronómicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Luna: Las principales formaciones del relieve lunar". Gran Enciclopedia Larousse 14 (1ª ed.). Barcelona: Editorial Planeta. 1989. p. 6692. ISBN 8432073849. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]