Capillatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cumulonimbus capillatus.

Capillatus é unha especie de nubes que só se atopa no xénero cumulonimbus. Representa a madurez do desenvolvemento vertical da nube, presentando os típicos accesorios no extremo superior, a xeito de pelo, pucho ou engra.

Están asociadas a treboadas eléctricas e fortes chuvascos en forma de chuvia, neve ou saraiba.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martín León, F. e Quirantes, J. A., Cazadores de nubes, Ministerio de Educación e Ciencia, Gobierno de España.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]