Campus Universitario de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°26′25″N 08°38′13″O / 42.44028, -8.63694

Campus Universitario de Pontevedra
Datos xerais
LocalizaciónPontevedra
Datos actuais
ReitorEva Mª Lantarón Caeiro (vicerreitora do campus)
Alumnos4.215 (Curso 2023-2024)[1]
Datos de contacto
EnderezoCasa das Campás
rúa Don Filiberto, 9-11
36002. Pontevedra
Páxina web[1]
Dialnet: 4314238
editar datos en Wikidata ]

O Campus Universitario de Pontevedra é un dos tres campus que acolle a Universidade de Vigo. Está situado na cidade de Pontevedra e ofrece estudos de grao, posgrao e doutoramento en Ciencias Sociais, Ciencias da Saúde, Educación, Artes, Enxeñería e Deportes.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Campus Universitario de Pontevedra ten as súas orixes na escola Normal situada na cidade, que desde o século XIX foi a escola Normal da provincia de Pontevedra e a Escola de Enfermaría dependente da Deputación Provincial de Pontevedra. A Escola Normal de Pontevedra, orixe da actual Facultade de Ciencias da Educación (creada en 1999), foi creada en 1845 e a Escola de ATS (Axudante Técnico Sanitario), orixe da actual Escola de Enfermaría, foi creada en 1974.[3] Estas dúas escolas ofrecían desde facía moitos anos os estudos universitarios por excelencia da cidade de Pontevedra, ademais do Centro Asociado da UNED na provincia de Pontevedra, situado no barrio de Monte Porreiro da cidade, onde se pode cursar un amplo abano de estudos universitarios (distintas enxeñerías, Historia, Matemáticas, Dereito, Física, Química, Psicoloxía, Linguas Estranxeiras, Socioloxía, Economía, Empresariais, Pedagoxía, etc.). O Centro Asociado da UNED de Pontevedra creouse en xaneiro de 1973 e comezou a funcionar en marzo de 1973, sendo o primeiro centro rexional de España situado fóra de Madrid, xunto co das Palmas de Gran Canaria.[4]

Coa división da Universidade de Santiago de Compostela en tres universidades e sete campus en 1989 pola ley 11/1989 de 20 de xullo de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia, creouse o Campus Universitario de Pontevedra e establecéronse novas facultades na cidade. A oferta de estudos universitarios en Pontevedra ampliouse con novas titulacións e cursos.

A primeira facultade que se puxo en marcha no campus de Pontevedra en 1990 foi a Facultade de Belas Artes.[5] En 1991 incorporouse unha segunda escola de enxeñaría, a Escola de Enxeñaría Forestal.

En 1993, creouse a Facultade de Ciencias Sociais, que comezou cunha primeira titulación en Publicidade e Relacións Públicas en 1994[6] e, en 1995, comezaron a funcionar os estudos implantados na actual Facultade de Fisioterapia.[7] En 1999, implantáronse os estudos de Xestión e Administración Pública na Facultade de Ciencias Sociais e os de Ciencias do Deporte na Facultade de Educación.[8][9][10] En 2003 implantouse o grao en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación[11] Posteriormente, en 2009, creouse o Centro Universitario da Defensa, dependente do Campus de Pontevedra, na Escola Naval Militar de Marín, situada a 6 quilómetros da cidade, onde se imparten estudos de enxeñería mecánica.[12]

O 7 de xullo de 2022 polo decreto 133/2022 creáronse dúas facultades máis no campus de Pontevedra[13][14][15] a Facultade de Deseño[16] e a Facultade de Dirección e Xestión Pública.[17][18]

Nos últimos anos, o Campus Universitario de Pontevedra especializouse no ámbito da creación, tomando o nome de Campus CREA.[19]

O campus de Pontevedra foi declarado Campus Verde o 18 de novembro de 2015,[20][21] sendo o primeiro en España en conseguir esta distinción.[22]

A cadea americana de cafeterías Starbucks abriu un espazo na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte en setembro de 2019.[23] Ese mesmo mes, a Xunta de Galicia cedeu á Universidade as plantas 5ª, 6ª e 7ª do seu edificio administrativo da rúa Benito Corbal 47 durante 20 anos para albergar as oficinas do Campus CREA.[24]

No curso 2023-2024, o campus de Pontevedra ofertou 30 titulacións, das cales 13 son graos, 12 másteres e 5 doutoramentos[25] Desde o ano 2000 ata o 2022 o número de alumnos do campus incrementouse nun 20%.[26]

En 2023 o Campus Universitario de Pontevedra tiña 4.215 alumnos e unha taxa de ocupación no primeiro curso de 107%, a máis alta da universidade.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

Organización[editar | editar a fonte]

O Campus Universitario de Pontevedra está situado no campus da Xunqueira, ao norte da cidade e no centro da cidade. O campus da Xunqueira desde un punto de vista urbanístico, conta cunha rotonda central e varias rúas con múltiples prazas de aparcadoiro, incluídas as destinadas aos estudantes.

Neste campus hai un total de cinco facultades: a Facultade de Comunicación, a Facultade de Fisioterapia, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte a Escola de Enxeñeiros Forestais e a Facultade de Dirección e Xestión Pública.

A Biblioteca Central do Campus atópase na primeira planta da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación,[27] e os Servizos Administrativos do Campus e o Lugar de Entrega e Recollida de Documentación (LERD) do Sistema Universitario de Galicia están situados na Escola de Enxeñaría Forestal.

No centro da cidade atópase a Facultade de Belas Artes, situada xunto á Praza de España no edificio neoclásico de principios do século XX do antigo Cuartel de San Fernando, e a Escola de Enfermaría, situada no Hospital Provincial de Pontevedra. O vicereitorado e a administración do campus atópanse tamén no centro da cidade, na Casa das Campás.

As oficinas do Campus CREA atópanse nas plantas 5ª, 6ª e 7ª do edificio administrativo da Xunta de Galicia, na rúa Benito Corbal, 47.[28] Este edificio acollerá tamén provisionalmente a Facultade de Deseño a partir de 2023.

O campus de Pontevedra acolle cada ano a estudantes Erasmus procedentes de universidades doutros países, cuxo número se incrementou nos últimos anos.[29][30] Para facilitar a súa estancia na cidade, a Erasmus Student Network conta cunha sede situada nun local específico da Escola de Enxeñería Forestal.[31]

Centros do Campus Universitario de Pontevedra[editar | editar a fonte]

As instalacións universitarias presentes en Pontevedra son as seguintes:

Centro histórico[editar | editar a fonte]

Campus da Xunqueira[editar | editar a fonte]

Centro da Cidade[editar | editar a fonte]

Marín[editar | editar a fonte]

A cidade é tamén sede da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

As carreiras universitarias do campus con maior taxa de emprego son Fisioterapia (93%) e Publicidade e Relacións públicas (86,6%).[36]

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

O campus universitario conta cunha gardería no seu extremo norte, dedicada principalmente aos fillos do persoal da zona escolar A Xunqueira e integrada na rede de garderías da Xunta de Galicia A galiña azul. Doutra banda, o complexo hospitalario pontevedrés converteuse en 2012 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, onde os estudantes de Medicina da Facultade de Santiago de Compostela poden realizar os seus últimos anos de carreira.

A universidade conta con Comedores Universitarios na Facultade de Comunicación e a Escola de Enxeñaría Forestal, no campus da Xunqueira, e na Facultade de Belas Artes, no centro da cidade.[37]

A universidade dispón dun Pavillón Deportivo na rúa Cruz Vermella para a comunidade universitaria con actividades de cardiofitness, cros-training, pilates, ciclismo en pista ou deportes na pista polideportiva. Tamén hai un parque de calistenia xunto á Facultade de Fisioterapia[38] e un embarcadoiro na beira norte do Lérez.[39]

O apeadoiro da RENFE Pontevedra-Universidade presta servizo ao campus desde 2001 para os estudantes que desexen chegar en tren.[40] Ademais, a liña 1 do autobús urbano de Pontevedra ten parada na rúa Alexandre Bóveda para dar servizo tamén ao campus pontevedrés.[41] Hai un carril bici e prazas de aparcadoiro no campus e tamén ao longo da rúa Celso Emilio Ferreiro.

Zonas verdes[editar | editar a fonte]

O campus conta con zonas verdes ao redor dos edificios universitarios e unha zona verde lonxitudinal máis ampla ao sur da Facultade de Comunicación, paralela á rúa Celso Emilio Ferreiro.[42] Con todo, a gran zona verde para o goce de estudantes e profesores do campus é o parque contiguo da Illa das Esculturas, con 7 hectáreas de terreo que co parque da Familia totaliza 13 hectáreas. A Facultade de Belas Artes, no centro da cidade, tamén conta cunha zona verde fronte á súa fachada principal, os chamados Xardíns de Marescot, onde se atopa un monumento-fonte ao Doutor Marescot.[43]

Tradicións e cultura[editar | editar a fonte]

A finais de abril, a festa maior do campus de Pontevedra, Santa Catabirra, está dedicada á patroa da Facultade de Comunicación, Santa Catarina de Siena. Nesta festa participan miles de mozos de toda Galicia.[44] Tamén teñen certa importancia as celebracións de San Ero, patrón da Facultade de Belas Artes.[45]

Os patróns doutras facultades son San Leandro (Escola de Enxeñaría Forestal),[46] Santo Isidoro de Sevilla (Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte) e Santo Aquiles (Facultade de Fisioterapia).[47]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "El campus de Pontevedra supera este curso los 4.200 alumnos matriculados". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de decembro de 2023. 
  2. "La futura titulación en Deseño del campus se impartirá en Benito Corbal". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de abril de 2021. 
  3. "Enfermería, de escuela a facultad: un largo camino para integrarse en la Universidade". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de marzo de 2021. 
  4. "Medio siglo del centro pionero de la UNED". Faro (en castelán). 25 de maio de 2022. 
  5. "20 años desde que los pinceles sustituyeron a los fusiles". Pontevedra Viva (en castelán). 15 de decembro de 2014. 
  6. "Aquellos maravillosos años de vino, rosas y revolución en Ciencias Sociais". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de outubro de 2019. 
  7. "La escuela de Fisioterapia cumple diez años en el campus de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xuño de 2006. 
  8. "Enrique Varela: "Con la nueva facultad tenemos un espacio concreto de referencia"". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de febreiro de 2022. 
  9. "DECRETO 250/1999, de 9 de septiembre, por el que se crean centros y se concede autorización para implantar estudios conducentes a las titulaciones que se citan en la Universidad de Vigo". Xunta de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 1999. 
  10. "Resolución de 22 de julio de 1999, de la Universidad de Vigo, por la que se ordena la publicación de los planes de estudios conducentes a la obtención de los títulos de Licenciado en Ciencias de la Actividad Física y del Deporte de la Facultad de Ciencias de la Educación de Pontevedra y Diplomado en Gestión y Administración Pública de la Facultad de Ciencias Sociales de Pontevedra" (PDF). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 11 de agosto de 1999. 
  11. "La Universidad aprueba el plan de estudios de Comunicación Audiovisual". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de maio de 2003. 
  12. "Centro Universitario de la Defensa". CUD (en castelán). 20 de outubro de 2013. 
  13. "Visto bueno a la creación de las facultades de Deseño y Xestión Pública en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de xullo de 2022. 
  14. "Ratifican la creación de las nuevas facultades de Diseño y de Dirección y Gestión Pública en el campus de Pontevedra". Pontevedra Viva (en castelán). 8 de xullo de 2022. 
  15. "DECRETO 133/2022, de 7 de julio, por el que se aprueba la creación de la Facultad de Diseño, de la Facultad de Dirección y Gestión Pública, y de la Facultad de Relaciones Internacionales de la Universidad de Vigo" (PDF). Diario Oficial de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 2022. 
  16. "La Universidad aprueba la creación de la Facultad de Diseño y Creación en Pontevedra". Pontevedra Viva. 29 de xullo de 2019. 
  17. "La Facultad de Gestión Pública inicia su creación". La Región. 18 de febreiro de 2020. 
  18. "Piden que el grado de Dirección y Gestión Pública cuente con facultad propia". Pontevedra Viva (en castelán). 17 de febreiro de 2020. 
  19. "Pontevedra no quiere perder el tren como campus de especialización". La Voz de Galicia. 20 de xuño de 2020. 
  20. ""Tenemos que modificar hábitos de consumo para que sean sostenibles"". La Voz de Galicia (en castelán). 9 February 2020. 
  21. "¿Cuántas emisiones de CO2 evitan los paneles fotovoltaicos del campus de Pontevedra?". La Voz de Galicia. 23 de marzo de 2021. 
  22. "El PSOE apuesta por potenciar el campus de Pontevedra y extender su 'modelo verde' a la ciudad". Pontevedra Viva (en castelán). 7 de xullo de 2020. 
  23. "Starbucks aterriza en el campus de Pontevedra". Diario de Pontevedra. 10 de setembro de 2019. 
  24. "La Xunta pone a disposición de la Universidad de Vigo tres plantas del edificio de Benito Corbal para los próximos 20 años". Xunta de Galicia (en castelán). 13 de setembro de 2019. 
  25. "Xunta y Universidade se comprometen a seguir fortaleciendo el campus pontevedrés". Pontevedra Viva (en castelán). 29 de setembro de 2022. 
  26. "Pontevedra ganó más población y estudiantes que Vigo este siglo". Atlántico Diario (en castelán). 26 de decembro de 2021. 
  27. "Los madrugadores de la biblioteca del campus de Pontevedra: «Aquí se estudia y se conoce gente, aunque muchos ya llegan siendo `besties´»". La Voz de Galicia. 23 de xaneiro de 2024. 
  28. "La UVigo relanza la ampliación del campus con cambios en el plan de Tafisa". Diario de Pontevedra (en castelán). 3 de outubro de 2021. 
  29. "Un Campus 'bellissimo', 'schone', 'nice' y 'bien padre'". Diario de Pontevedra. 27 de xaneiro de 2016. 
  30. "Alumnado de diez países extranjeros, con Francia y México a la cabeza, llega al campus de Pontevedra". Pontevedra Viva. 3 de febreiro de 2023. 
  31. "Punto de encuentro para ´erasmus´". Faro. 22 de setembro de 2014. 
  32. "La Universidad acepta las condiciones de cesión de la Casa das Campás". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de decembro de 2004. 
  33. "O Concello de Pontevedra cede o uso da Casa das Campás á Universidade para fins académicos". DUVI. 16 de abril de 2005. 
  34. "La Universidad acepta las condiciones de cesión de la Casa das Campás". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de decembro de 2004. 
  35. "El 'campus' provisional de Pontevedra". El País (en castelán). 13 de decembro de 1994. 
  36. "De la universidad al mundo laboral, ¿qué les espera a los egresados del Campus?". Diario de Pontevedra (en castelán). 19 de setembro de 2021. 
  37. "Nuevos gestores darán continuidad a los comedores de Bellas Artes y Forestales". Faro (en castelán). 30 de novembro de 2011. 
  38. "El campus de Pontevedra estrena un parque de calistenia". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de marzo de 2021. 
  39. "El campus estrena un pantalán que también dará servicio a la ciudadanía". Diario de Pontevedra (en castelán). 2 de novembro de 2020. 
  40. "El tren por fin llegará este año al campus". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de setembro de 2001. 
  41. "Las nuevas líneas de bus urbano en Pontevedra operarán de 7.15 a 22.30 horas de lunes a domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de setembro de 2021. 
  42. "El nuevo contrato de jardines incluirá parte del campus y todo Monte Porreiro". Diario de Pontevedra (en castelán). 21 de agosto de 2021. 
  43. "Los jardines de Marescot y del entorno de la plaza de A Ferrería cambian de diseño". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de marzo de 2007. 
  44. "Miles de jóvenes de toda Galicia participan en la fiesta Santa Kata 2017". Faro. 28 de abril de 2017. 
  45. "Belas Artes rinde su particular homenaje a San Ero". Diario de Pontevedra (en castelán). 15 de maio de 2008. 
  46. "La Escuela de Ingeniería Forestal celebra San Leandro". Pontevedra Viva (en castelán). 11 de abril de 2019. 
  47. "Fisioterapia celebra su patrón, San Aquiles". Pontevedra Viva (en castelán). 9 de abril de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Porto Ucha, Ángel Serafín (2002). Instituciones para la formación de la mujer. La Escuela Normal Superior de Maestras de Pontevedra (en castelán). Santiago de Compostela: Innovación educativa. p. 17–46. ISSN 1130-8656. 
  • Porto Ucha, Ángel Serafín (2009). La Educación Especial en la formación de los maestros y maestras en el primer tercio del siglo XX : algunos datos referidos a Galicia (en castelán). Pamplona: Universidad Pública de Navarra. p. 335–344. ISBN 978-84-9769-244-1. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]