Campus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campus de Azurém da Universidade do Miño, en Guimarães, Portugal.

Un campus[1] é o conxunto de terreos e edificios que pertencen a unha universidade. O termo provén do inglés campus, e este á súa vez do latín campus, chaira. Empezouse a utilizar en español a mediados do século XX e é invariable en plural. Tamén formalmente chamado "recinto universitario".

O campus inclúe todas as propiedades dunha universidade, incluído o conxunto de edificios que a forman. Xeralmente un campus inclúe as bibliotecas, as facultades e escolas, as aulas, as residencias para os estudantes, as zonas deportivas e as áreas de esparexemento como cafetarías, tendas, xardíns e parques.

Historia[editar | editar a fonte]

Campus da Pontificia Universidade Católica Madre y Maestra, en Santiago de los Caballeros, República Dominicana.

A palabra comezouse a utilizar durante as primeiras décadas do século XVIII para describir un espazo urbano particular do College of New Jersey (actual Universidade de Princeton), seguindo a tradición medieval dos colexios maiores europeos de estudar, vivir e traballar en claustros exclusivos. Outras universidades adoptaron logo o termo para describir terreos concretos nas súas propias institucións, pero aínda a palabra campus non describía a totalidade das propiedades universitarias. É no século XX cando o significado expándese realmente, para englobar o conxunto de edificios universitarios de servizos, docencia e investigación e os terreos que os engloban.

Un dos primeiros campus modernos de España foi o da Cidade Universitaria de Madrid, creado para a entón Universidade Central (a actual Universidade Complutense de Madrid), promovido polo rei Afonso XIII a semellanza dos campus británicos que se atopaban en pleno auxe.

Por extensión, nalgunhas universidades, os servizos de intranet ou Internet, que completan a infraestrutura docente, reúnense nos chamados campus virtuais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para campus.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]