Campo (heráldica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O campo no sentido estrito designa en heráldica o fondo do escudo.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nun primeiro sentido ampliado, o campo designa tamén a maneira na que o fondo do escudo no seu conxunto é tratado. Designa entón o "atributo de campo", é dicir a maneira na que se encheu esta superficie. Nun sentido aínda máis ampliado, este "atributo do campo" pode aplicarse a unha superficie calquera e non unicamente ao campo mesmo.

Todos os compoñentes do brasón teñen un atributo de campo. Hai tres grandes categorías:

  • O atributo de campo é, o máis usual, un esmalte unido (esmalte ou metal).
  • Pode igualmente ser un forro (ou pana): armiños, vervos, contra-armiños ou contraveros.
  • O campo pode ser igualmente composto ou sementado.

Por extensión, un escudo ou un obxecto pode ser o obxecto dunha partición, cada elemento da partición recibe entón un tratamento por separado. Para describir entón o atributo de campo farase con cada partición, pero neste caso non se pode falar estritamente de "campo".

Así, as armas aquí presentes (que son as do principado de Gradisca) non teñen campo en sentido estrito, pero están compostas dun moble (unha cruz ancorada) posta sobre un fondo composto, así que se pode brasonar simplemente "Unha cruz ancorada de prata sobre un campo cortado de ouro e de azur". Doutra banda, de citar primeiro o fondo, é preferible brasonar "Cortado de ouro e de azur, a unha cruz ancorada de prata brochante sobre o todo", para non prestarse á confusión -cunha coma preto- coas armas "Cortado de ouro, e de azur a unha cruz ancorada de prata", onde a cruz non sería portada máis que pola parte inferior.