Caligrafía xeorxiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O apóstolo, fragmento dun manuscrito asomtavruli

A caligrafía xeorxiana (xeorxiano: ქართული კალიგრაფია) é unha forma de caligrafía, ou escrita artística da lingua xeorxiana usando os seus tres alfabetos.

Historia[editar | editar a fonte]

Xeorxia goza dunha rica e longa tradición caligráfica, o cristianismo e a Igrexa Ortodoxa Xeorxiana xogaron un papel fundamental na creación e difusión de manuscritos, converténdoos nun fenómeno cultural e nacional ao rexistraren os monxes os acontecementos históricos xeorxianos.[1][2][3]

No interior de Xeorxia o reino de Taoklarjeti foi o centro cultural do país e nel traballaron a maioría dos grandes mestres da arte caligráfica xeorxiana. Fóra de Xeorxia, os monxes xeorxianos tamén crearon manuscritos xeorxianos en varios mosteiros, como o de Bachkovo (Bulgaria), Iviron (Monte Athos), da Cruz e Mar Saba (Xerusalén), Santa Catarina (Sinaí), Antioquía e Constantinopla

En Xeorxia cada ano conmemórase o 14 de abril o Día da Lingua Xeorxiana, entre as actividades máis populares están os concursos de caligrafía, recibindo os gañadores os seus galardóns no Centro Nacional de Manuscritos de Xeorxia.[4]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ქართველ მხატვარ-კალიგრაფთა კავშირი
  2. "ქართული კალიგრაფია". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2012. Consultado o 05 de abril de 2015. 
  3. "About Georgian calligraphy". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2012. Consultado o 05 de abril de 2015. 
  4. "Calligraphy fest in Tbilisi". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 05 de abril de 2015. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]