Caldo verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O caldo verde é un caldo de verzas, tradicional do norte de Portugal e consumido en todo o país. É característica a súa cor verde, posto que as follas das coles van cortadas en finas tiras e as patacas en puré.

Segundo costume do Miño, a sopa sérvese nun recipiente de barro, cun pouco de aceite de oliva, e acompañada de anacos de chourizo e broa. Como é unha sopa simple e lixeira, cómese como entrante ou como cea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]