CNT (periódico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CNT
Portada dun exemplar de
CNT de maio de 2006.
Fundación 1932
Xénero Sindical
País España
Cidade Madrid
Ámbito España
Idioma Castelán
Periodicidade Mensual
Prezo unitario 1,25 (2006)
Columnas por páxina 4
Nº de páxinas 32
Cor Branco e negro e cor
Empresa editora CNT-AIT
Director M.A. Fernández

O CNT é un periódico que edita o sindicato Confederación Nacional do Traballo (CNT), sendo o principal medio de expresión desta organización anarcosindicalista. Ten unha periodicidade mensual.

Seccións[editar | editar a fonte]

Entre as súas seccións encóntranse:

  • Sindical
  • Actualidade
  • Internacional
  • Opinión
  • Economía
  • Cultura
  • Confederal

Dirección do xornal[editar | editar a fonte]

Elíxese a súa dirección e localidade de residencia nun congreso ou pleno nacional da CNT. A dirección ocúpase da distribución, impresión, venda, administración das subscricións e recepción de artigos para o periódico. O director elixido para o periódico acode ás reunións do comité nacional da CNT con voz pero sen voto. O secrerario xeral da CNT é o encargado de redactar a editorial do periódico.

Licenza[editar | editar a fonte]

O CNT edítase cunha licenza Creative Commons de carácter copyleft, e ademais de en papel, pódese ler en Internet. O seu número ISSN é 1135-173X.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]