Bárbaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación do século XIX dos bárbaros hunos.

Bárbaro é un exónimo pexorativo que procede do grego (βάρβαρος) e a súa tradución literal é "o que tatexa". Aínda que os gregos empregaban o termo para referirse a persoas estranxeiras,[1] que non falaban o grego e cuxa lingua estranxeira soaba aos seus oídos como un tatexo incompresible ou onomatopea (bar-bar- semellante a bla-bla-), tamén existen escritos, como os de Isócrates, que amosan unha apertura deste pobo para concibir aos bárbaros non como "estranxeiros", senón como individuos que carecían de educación, independentemente do seu lugar de nacemento, primitivos ou salvaxes.[1]

Os romanos tomaron posteriormente a palabra e o seu significado para o trato cos pobos que invadiron o Imperio Romano. Os clásicos deron o nome de bárbaros a todos os estranxeiros das comarcas fronteirizas co Imperio, e cos que loitaron, aínda que se limita a consideración aos que, ocupando en Europa as comarcas ao norte do Imperio, invadiron este, apoderándose da súa parte occidental.

Estes pobos formaban tres grupos:

A etnoloxía e antropoloxía tradicionais, cunha terminoloxía xa desfasada e unha eurocéntrica visión das sociedades primitivas, denominou barbarie a un estadio de evolución cultural das sociedades humanas, intermedio entre o de salvaxismo e de civilización.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Santiago Álvarez (1998), p. 39

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]