Buzz Feitshans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBuzz Feitshans
Biografía
Nacemento17 de xaneiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade do Sur de California
USC Rossier School of Education (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor de cinema , produtor delegado , produtor Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosBuzz Feitshans IV (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFred R. Feitshans Jr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Lotus Grant (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0270809 Editar o valor em Wikidata

Frederick Rollin Feitshans III, nado o 17 de xaneiro de 1937, é un produtor de cinema estadounidense, máis coñecido como Buzz Feitshans. Salientan as súas colaboracións con John Milius e Carolco Pictures.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1973, Feithshans fixo o seu debut como produtor con Dillinger, un filme escrito e dirixido por John Milius. Milius e Feitshans formaron A-Team Productions ese mesmo ano, e produciron Big Wednesday (1978), 1941 (1979) e Hardcore (1979). A-Team Productions disolveuse pero Feitshans continuou a producir os filmes de Milius, como Conan o bárbaro (1982), Uncommon Valor (1983) e Amencer vermello (1984).

Feitshans produciu Acurralado en 1982, así como as súas secuelas. Os filmes foron realizados polos produtores executivos Mario Kassar e Andrew Vajna de Carolco Pictures, cos cales Feitshans traballou frecuentemente. En 1988, converteuse en vicepresidente executivo de produción e membro de Carolco Pictures.

Feitshans uniuse a Cinergi Productions en 1992, facendo de produtor executivo de Medicine Man (1992), Tombstone, a lenda de Wyatt Earp (1993), Renaissance Man (1994), Color of Night (1994), Die Hard with a Vengeance (1995), Xuíz Dredd (1995), The Scarlet Letter (1995), Nixon (1995), Evita (1996), Shadow Conspiracy (1997) e An Alan Smithee Film: Burn Hollywood Burn (1997).

Retirouse do mundo da produción en 1997.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Biografía en Buzz Feitshans Papers