Burj al-Arab

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Burj al-Arab
Edificio
Localización Dubai
Coordenadas25°08′29″N 55°11′07″L / 25.141388888889, 55.185277777778Coordenadas: 25°08′29″N 55°11′07″L / 25.141388888889, 55.185277777778
Construción
Construción1994
Remate1999
Dimensións
Altura máxima321 m
Altura da azotea210 m
Plantas60
Equipo
Arquitecto(s)WS Atkins PLC
editar datos en Wikidata ]

O Burj al-Arab (en árabe Torre dos Árabes) é un hotel que se atopa na cidade de Dubai (Emiratos Árabes Unidos). Foi inaugurado o 1 de decembro de 1999.

Características[editar | editar a fonte]

Cunha altura de 321 metros, é o edificio máis alto de uso exclusivo como hotel de todo o mundo e un dos edificios hostaleiros máis representativos. Está situado no mar, sobre unha illa artificial localizada a 280 metros da praia no Golfo Pérsico. Está conectado con terra firme mediante unha estrada.

A construción do edificio iniciouse en 1994 e inaugurouse oficialmente o 1 de decembro de 1999. A súa construción intenta recordar un barco e está situado de forma que a súa sombra non cubra a praia. No punto máis alto do hotel atópase un heliporto.

O hotel está catalogado como de sete estrelas, categoría que vai máis aló da clasificación normal dos hoteis, de 1 a 5, debido ás súas características realmente excepcionais que o diferencian de calquera outro tipo de hotel no mundo. No Burj al-Arab non teñen habitacións normais senón que conta con 202 suites dobres. A máis pequena destas suites ocupa unha área de 169 m² mentres que a maior cobre unha área de 780 m².

O hotel ten unha suite real a cal vale 28000 dólares a noite. Tamén ten un servizo de automóbiles Rolls-Royce de luxo dispoñible para cada hóspede. Ademais na súa cociña conta con afamados chef. As reservas pódense facer desde a páxina oficial.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]