Bolboreta (natación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista desde arriba dun nadador realizando o estilo bolboreta.

O estilo bolboreta é un estilo natatorio, unha variación do estilo peito ou estilo braza na que ambos os brazos se levan xuntos á fronte, por enriba da auga, e logo cara a atrás ao mesmo tempo. O movemento dos brazos é continuo e sempre vai acompañado dun movemento ondulante das cadeiras, o cal nace ao levar cara a abaixo a cabeza no momento de entrar na auga, e culmina coa patada, chamada golfiño, e un movemento descendente e brusco dos pés xuntos. A invención do estilo bolboreta moderno é acreditada ó nadador xaponñes Jiro Nagasawa[1].

Técnica[editar | editar a fonte]

A técnica da bolboreta consiste no movemento sincronizado do brazo cun sincronizado das pernas. O movemento de onda do corpo é tamén moi significativo. Na posición inicial o nadador debe flotar cos pés detrás del e os brazos estendidos en fronte.

Competicións[editar | editar a fonte]

Hai tres distancias que se nadan habitualmente co estilo bolboreta, tanto en piscina de 50 metros coma de 25 metros:

  • 50 m bolboreta
  • 100 m bolboreta
  • 200 m bolboreta

Regras de competencia da FINA[editar | editar a fonte]

A FINA define o regulamento do estilo Bolboreta (SW 8) coas seguintes características:

  • SW 8.1 : Ao comezo da primeira brazada despois da partida e de cada volta, o corpo deberá manterse sobre o peito. O nadador debe patear debaixo da auga. Permítese patear de lado pero non está permitido estar de costas en ningún momento durante a competencia.
  • SW 8.2: Os dous brazos deben estar sincronizados cando son lanzados cara a diante e cando están debaixo da auga.
  • SW 8.3: O movemento das pernas debe estar sincronizado. As pernas e os pés non teñen que estar ao mesmo nivel durante a carreira. A patada de peito non está permitida.
  • SW 8.4: Nas voltas e ao acabar a carreira ambas as mans deben facer o toque simultaneamente, xa sexa sobre, baixo ou a nivel da superficie de auga.
  • SW 8.5: Na saída e nas voltas, o nadador pode dar unha ou máis patadas por debaixo da auga aínda que só pode dar unha brazada para axudarse a saír á superficie. O nadador pode estar debaixo da auga por unha distancia máxima de 15 metros despois das voltas ou na saída, despois diso o nadador debe permanecer por riba da superficie.[2]

Mellores marcas mundiais[editar | editar a fonte]

Todos os nadadores chegaron ás finais a menos que se especifique doutra maneira, Os récords cun asterisco (*) despois do tempo indican que lográronse despois da última lista de récords mundiais da FINA.

Piscina de 50 metros[editar | editar a fonte]

Homes[editar | editar a fonte]

Proba Récord Nadador País Data Lugar
50 m 22,43* Rafael Muñoz Pérez España España 5 de abril de 2009 Málaga, España[3]
100 m 49,82 Michael Phelps Estados Unidos de América Estados Unidos 1 de agosto de 2009 Foro Itálico, Roma, Italia
200 m 1'51,51 Michael Phelps Estados Unidos de América Estados Unidos 29 de xullo de 209 Foro Itálico, Roma, Italia

Mulleres[editar | editar a fonte]

Proba Récord Nadadora País Data Lugar
50 m 25.07 Therese Alshammar Suecia Suecia 31 de xullo de 2009 Roma, Italia
100 m 56.06 Sarah Sjöström Suecia Suecia 27 de xullo de 2009 Roma, Italia
200 m 2:01.81 Liu Zige China 20 de outubro de 2009 Roma, Italia

Piscina de 25 metros[editar | editar a fonte]

Homes[editar | editar a fonte]

Proba Récord Nadador País Data Lugar
50 m 21.80 Steffen Deibler Alemaña Alemaña 14 de novembro de 2009 Berlín, Alemaña
100 m 48.48 Yevgeny Korotyshkin Rusia Rusia 15 de novembro de 2009 Berlín, Alemaña
200 m 1:49.11 Kaio de Almeida Brasil 10 de novembro de 2009 Estocolmo, Suecia

Mulleres[editar | editar a fonte]

Proba Récord Nadadora País Data Lugar
50 m 24.38 Therese Alshammar Suecia Suecia 22 de novembro de 2009 Singapur
100 m 55.05 Diane Bui Duyet Francia 13 de decembro de 2009 Istambul, Turquía
200 m 2:00.78 Liu Zige China 15 de novembro Berlín, Alemaña

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Passages: Butterfly Inventor Jiro Nagasawa, 78 Arquivado 04 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 08 de marzo de 2015. 
  3. «Muñoz bate el récord del mundo en 50 mariposa.» Marca. Consultado el 21 de febreiro de 2015.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]