Black Hawk Down

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Black Hawk Down
Ficha técnica
Título orixinalBlack Hawk Down
DirectorRidley Scott
ProdutorJerry Bruckheimer
Ridley Scott
GuiónKen Nolan
Baseado enBlack Hawk Down (1999) de Mark Bowden
IntérpretesJosh Hartnett
Eric Bana
Ewan McGregor
Tom Sizemore
William Fichtner
Sam Shepard
Hugh Dancy
Jason Isaacs
Orlando Bloom
MúsicaHans Zimmer
FotografíaSlawomir Idziak
MontaxePietro Scalia
EstudioRevolution Studios
Scott Free Productions
Jerry Bruckheimer Films
DistribuidoraSony Pictures
Columbia Pictures
Estrea2001
Duración144 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, bélico
Orzamento$92 000 000[1]
Recadación$172 989 651
Na rede
http://www.sonypictures.com/homevideo/blackhawkdown
IMDB: tt0265086 Filmaffinity: 104172 Allocine: 35144 Rottentomatoes: m/black_hawk_down Mojo: blackhawkdown Allmovie: v257740 TCM: 451096 Metacritic: movie/black-hawk-down TV.com: movies/black-hawk-down-2002 Netlix: 60022056Editar o valor em Wikidata

Black Hawk Down é un filme estadounidense de 2001 gañador de 2 premios Óscar, mellor son e mellor montaxe, dun total de 4 participacións. Foi dirixido por Ridley Scott e escrito por Ken Nolan. O argumento baséase no libro homónimo de Mark Bowden que narra o feito real acontecido durante unha misión estadounidense de pacificación, con mandato da ONU, en Somalia, en 1993.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Durante outubro de 1993, soldados estadounidenses de elite, Rangers e Delta Force son enviados a Mogadiscio, Somalia, como parte dunha operación de paz das Nacións Unidas: os cargamentos de alimentos enviados pola ONU son sistematicamente roubados polas milicias dos señores da guerra, notablemente Mohamed Farrah Aidid, o máis poderoso, que non dubidan en ametrallar a inocentes civís para conseguilo. O xeneral William F. Garrison (EEUU) está ao mando da operación que, segundo os seus asesores, non debería levar máis aló de dúas semanas, mais os final tarda máis tempo do debido, polo que Washington impaciéntase. Entón establécese unha nova misión, levada a cabo polas forzas Rangers e Delta dos Estados Unidos. O obxectivo é capturar a un grupo de guerrilleiros liderados por Aidid que promoven o estado de anarquía e con eles como reféns, negociar o fin da guerra civil. Cando empeza a misión todo parece ir ben; un grupo de helicópteros UH-60 Black Hawk e OH-6 Little Bird con membros dos Delta Force e dos Rangers abordo diríxese a Mogadiscio, nun aparente estado de calma. Un espía infiltrado sobre o terreo indica onde se reúnen os personaxes a capturar. Pero a guerra urbana é un escenario complexo onde os helicópteros son gravemente vulnerables ao fogo desde edificios, especialmente ás granadas autopropulsadas (RPG).

Cando un dos soldados Rangers cae dun helicóptero, comezan seriamente os problemas. Un dos rebeldes logra impactar a un Black Hawk e derrúbao, outro dos helicópteros que acode ao rescate tamén é impactado. Con dous helicópteros derribados, a misión convértese nunha misión de rescate. É un escenario inesperado que se abre nun momento de graves problemas, xa que as milicias non só están ben armadas, senón que se confunden entre as masas de persoas. Soldados da ONU de Malaisia, Paquistán e EUA entran por terra ante a gravidade da situación. Vulnerables tamén ás granadas autopropulsadas e aos AK-47 das milicias, pronto se encontrarán con feridos e falecidos entre as súas filas.

Ao final convértese a misión nunha desesperada carreira contra reloxo para rescatar aos caídos, atrapados e feridos nunha cidade que se converteu en zona de combate mortal. Lograrán finalmente conducir os superviventes cara a salvación. Esgotados e feridos, son recibidos á entrada da zona segura (un estadio deportivo) por pícaros rindo que corren e xogan, paquistanís amables con bandexas de té e auga. Os refachos dos AK-47 aínda soan tras eles.

Personaxes[editar | editar a fonte]

75th Rangers[editar | editar a fonte]

Delta Force[editar | editar a fonte]

160th SOAR – Night Stalkers[editar | editar a fonte]

Misceláneos[editar | editar a fonte]

Galardóns[2][editar | editar a fonte]

Premios Óscar[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor(es) Resultado
2001 Mellor montaxe Pietro Scalia Gañador
2001 Mellor son Michael Minkler
Myron Nettinga
Chris Munro
Gañadores
2001 Mellor director Ridley Scott Nomeado
2001 Mellor fotografía Slawomir Idziak Nomeado

Premios BAFTA[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor(es) Resultado
2001 Mellor montaxe Pietro Scalia Nomeado
2001 Mellor fotografía Slawomir Idziak Nomeado
2001 Mellor son Chris Munro
Per Hallberg
Michael Minkler
Myron Nettinga
Karen M. Baker
Nomeados

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Presupuesto Black Hawk derribado" (en español). Estamos Rodando. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  2. "Black Hawk Down" (en inglés). IMDb. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]