Big Ben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Big Ben está situado na Clock Tower.

Big Ben (Elizabeth Tower) é o nome que recibe a gran campá do reloxo situada ó nordeste do Palacio de Westminster en Londres.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome Big Ben, é universalmente empregado para referírmonos á torre en xeral. Porén, oficialmente refírese especificamente á campá principal do interior da torre. Esta campá é a encargada de contar as horas, o seu peso aproximado é de 13 toneladas. Dise que o seu nome vén do primeiro encargado da construción Benjamin Hall, ou quizais para homenaxear o boxeador Ben Caunt, moi popular en 1858, ano en que foi fundida. É un dos principais símbolos representativos de Londres.

Historia e construción[editar | editar a fonte]

A Torre do Reloxo de Westminster[editar | editar a fonte]

O palacio de Westminster e a torre do reloxo no extremo nordés da ponte de Westminster.

A Torre de Santo Esteban (St. Stephen's Tower) ou a Torre do Reloxo de Westminster, popularmente coñecida como Big Ben, foi levantada como parte do novo edificio deseñado por Charles Barry, despois de que o vello palacio de Westminster fose destruído polo lume a noite do 16 de outubro de 1834. A torre está deseñada ó estilo gótico vitoriano, e ten 96,3 m de altura.

O corpo da torre (61 m de altura) consiste nun enladrillado con revestimento de pedra; os 35 metros restantes fórmannos a agulla de ferro fundido co que se coroa a torre. A torre está asentada sobre unha base de 15 metros de lado e ten un peso estimado en 8.667 toneladas. Os catro reloxos están sitos a 55 metros de altura.

Debido ás condicións da terra onde se asenta a construción, a torre inclínase levemente ao noroeste, uns 220 mm . Tamén oscila anualmente algúns milímetros ó leste e ó oeste, debido ós efectos térmicos.

O reloxo e as súas caras[editar | editar a fonte]

Imaxe dunha das caras do reloxo.

O reloxo da torre foi o máis grande do mundo no seu tempo, capaz de dar cadansúa hora coa precisión dun segundo. O mecanismo do reloxo foi completado no ano 1854, pero a torre non foi completamente construída ata catro anos máis tarde.

Os catro laterais do reloxo e as súas esferas foron deseñados por Augustus Pugin. Cada lateral ten unha estrutura esférica de ferro de 23 pés de diámetro que contén 312 pezas de cristal opaco. Algunhas destas pezas poden ser quitadas para revisar as manciñas do reloxo. Na base de cada cara do reloxo hai unha inscrición en latín: 'DOMINE SALVAM FAC REGINAM NOSTRAM VICTORIAM PRIMAM' ('Deus garde a nosa raíña Vitoria'). A manciña que marca as horas mide 2,7 metros de largo, mentres que a que marca os minutos mide 4,3 metros.

O nome "Big Ben" foi posto á campá orixinal de 16 toneladas da torre, fundida no 1856. Dado que a torre non estaba rematada, a campá foi instalada no New Palace Yard, mais a campá rompeu, e finalmente fundiuse unha nova de 13.8 toneladas, a cal está en uso hoxe en día. A nova campá foi montada na torre no 1858 xunto a catro campás máis, que dan os cuartos.

O 7 de setembro de 1859 o reloxo entrou en funcionamento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]