Bieito VII, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bieito VII
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoRoma
Falecemento10 de xullo de 983
Lugar de falecementoRoma
Causaasasinado
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Ocupaciónsacerdote católico, escritor e bispo católico
Períodoentre o 974 e o 983
Coñecido porser o papa n° 135 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Tuscolo-3
editar datos en Wikidata ]

Bieito VII, nado en Roma e finado o 10 de xullo do 983, foi Papa da Igrexa católica romana do 974 ao 983.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando Bieito VI morreu asasinado por orde do antipapa Bonifacio VII, este ocupou o trono de san Pedro durante un breve período de seis meses ata que o representante do emperador Odón II, o conde Sicco de Spoleto, o expulsou de Roma e impuxo como novo papa a Bieito VII.

Fillo de David, formaba parte da familia nobre dos Condes de Tusculum, e estaba relacionado con Alberico II e coa familia Crescenti. Bispo de Sutri no momento de ser escolleito, o novo papa convocou un concilio no que excomungou o antipapa Bonifacio VII, que se refuxiou en Constantinopla.

Bieito VII promoveu o monacato e as reformas eclesiásticas xunto con Odón II. Tamén consagrou o sacerdote Xaime, enviado a el polo pobo de Cartago "para axudar a pobre provincia de África". Visitou a cidade de Orvieto co seu sobriño, Filippo Alberici, que máis tarde se estableceu e converteuse en cónsul da cidade-estado en 1016. A familia Allberici viviu naquela cidade ata hoxe.

En marzo do 981, Bieito VII presidiu un sínodo na catedral de San Pedro que prohibiu a práctica da simonía, moi xeneralizada na Igrexa e que provocaba, entre outros efectos, incrementar os sacerdotes casados (posto que co matrimonio conseguían que os fillos lexítimos herdasen os beneficios e cargos comprados). O mes de setembro daquel ano, convocou un sínodo lateranense.

O Papa Bieito VII morreu en Roma o 10 de xullo do 983 pero foi enterrado en Xerusalén.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.