Bernhard Meyer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernhard Meyer
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1767
Hanau, Hesse (Alemaña)
Morte1 de xaneiro de 1836
preto de Offenbach am Main
Datos persoais
País de nacionalidadealemá
Actividade
Campo de traballoBotánica, Brioloxía e Ornitoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo)
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaB.Mey. Editar o valor em Wikidata

Bernhard Meyer, nado o 24 de agosto de 1767 en Hanau, Hesse (Alemaña), e finado o 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main (literamente, "Offenbach do Meno"), foi un médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Meyer primeiro traballou como médico e, máis tarde, fundou unha empresa farmacéutica. Con este negocio fixo fortuna, e daquela dedicouse en exclusiva desde entón á historia natural. Meyer foi o coautor, xunto con Gottfried Gaertner e Johannes Scherbius, de Oekonomisch-technische Flora der Wetterau (1799), obra na que lle deu o nome científico a numerosas plantas. Tamén foi o coautor, xunto con Johann Wolf, de Naturgeschichte der Vogel Deutschlands (1805), e de Taschenbuch der Deutschen Vogelkunde (1810).

Entre os numerosaon taxon da súa autoría, foi o descritor da orde dos piciformes, da clase das aves.

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

Botánica[editar | editar a fonte]

A abreviatura B.Mey. emprégase para indicar a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]

Zooloxía[editar | editar a fonte]

A abreviatura Meyer emprégase para recoñecer a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía. ​

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]