Berenguel de Landoria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBerenguel de Landoria
Nome orixinal(fr) Bérenger de Landorre Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1262 Editar o valor em Wikidata
Salmiech, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte1330 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Arcebispo de Santiago de Compostela
15 de xullo de 1317 – 1330
← Rodrigo del Padrón (en) TraducirGómez Manrique →
Mestre da Orde de Predicadores
1312 – 1317
← Aymeric de PiacenzaHervaeus Natalis → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1318–), sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónNiccolò Albertini Editar o valor em Wikidata

Bérenger de Landorre, coñecido como Berenguel de Landoria ou de Landoira, nado no sur de Francia en 1262 e finado en 1330, foi un relixioso francés, arcebispo de Santiago de Compostela entre 1317 e a súa morte.

Foi un dos protagonistas dunha época convulsa da Igrexa, durante a súa sede en Aviñón e tamén en Compostela. Unha das torres da catedral de Santiago, leva o seu nome xa que foi quen a mandou construír.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Torre da Berenguela, que foi mandada construír por Berenguel de Landoria e logo reformada nunha espléndida mostra do barroco compostelán por Domingo de Andrade, tamén coñecida como Torre do Reloxo.

Segundo fillo dos condes de Rodez, criouse nunha das cortes máis importantes da época, que cultivaba con grande éxito a poesía trobadoresca e demais artes. Ao imporse o morgado, viuse obrigado a pórse ao servizo da igrexa. Berenguel ascendeu rápido polas entrañas da igrexa ata facerse íntimo amigo de Xoán XXII. Chegou a ser Mestre Xeral da orde dos pregadores, organizando as misións dos monxes peregrinos.[1] Iniciou a tendencia cara ao tomismo na orde dominica[2] e loitou contra a liña de Durando de Saint-Pourçain.[3] Solicitou a Bernardo Gui que compuxese un substituto para a Lenda Dourada de Jacobus de Voragine.[4]

O 15 de xullo de 1317 foi nomeado arcebispo de Santiago de Compostela, aos 55 anos. Once meses despois emprendeu o camiño cara a Santiago para facerse cargo do seu posto. Tratou de entrar na burgo catro veces,[5] das cales tres foron emboscadas. Este planeou as tácticas de ataque no seu castelo da localidade coruñesa de Padrón e Noia aliándose con outros nobres. Até 1322, non puido tomar posesión do cargo, pois existía un rival galego.[6] Residiu algún tempo en Noia, onde celebrou un sínodo. O seu triunfo foi cruento pois, o 16 de setembro de 1320, invitou aos líderes do levantamento ao seu castelo da Rocha Forte onde foron asasinados. A seguir, decretou unha amnistía e o 26 entra en Compostela[7] e o 27 asinouse a paz.

Iniciou importantes traballos na Catedral de Santiago de Compostela, e trouxo varias reliquias.[8] Tamén semella que puido ser quen estableceu o ano xubilar pois, coincide que despois de tódolos atrancos para tomar posesión da sé episcopal, cando conseguiu celebrar a súa primeira misa solemne foi o 25 de xullo de 1322 que, casualmente, caeu en domingo.[6] Porén, os primeiros doucmentos que falan do xubileo non aparecen até 1434.[6]

Dedicóuselle unha torre da catedral compostelá, a Berenguela, utilizada primeiro como torre vixía e despois como campanario.


Predecesor:
Rodrigo de Padrón
 Arcebispo de Santiago 
13171330
Sucesor:
Xoán II Fernández de Lima
Predecesor:
Aymericus Giliani
 Mestre Xeral da Orde Dominica 
13121317
Sucesor:
Hervé de Nédellec

Obras[editar | editar a fonte]

Se lle atribúe falsamente o Lumen animæ, seu liber moralitatum Magnarum rerum naturalium impreso en 1482 por Matthias Farinator.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1]: In 1312 the master general, Béranger de Landore, organized the missions of Asia into a special congregation of "Friars Pilgrims", with Franco of Perugia as vicar general. As a base of evangelization they had the convent of Pera (Constantinople), Capha, Trebizond, and Negropont. Thence they branched out into Armenia and Persia. Tamén: [2] Arquivado 10 de marzo de 2007 en Wayback Machine., [3] Arquivado 13 de agosto de 2007 en Wayback Machine..
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2008. Consultado o 03 de outubro de 2007. 
  3. PDF Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., p.5, [4].
  4. Caldwell, Christine (2000-10-01). "Peter Martyr: The Inquisitor as Saint". Comitatus: A Journal of Medieval and Renaissance Studies (en inglés) 31 (1). ISSN 0069-6412. 
  5. "Quand le 25 juillet est un dimanche". saint-jacques.info (en francés). 22 de marzo de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "ANNEES SAINTES ou JUBILAIRES". saint-jacques.info (en francés). 9 de marzo de 2015. Consultado o 3 de xullo de 2023. 
  7. Barrau (1853), p. 442
  8. PDF (Italiano) Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine., p.3.
  9. "Lumen animæ / ed. Matthias Farinator". .sudoc.abes.fr (en francés). 2023. Consultado o 3 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]