Benvenuto Cellini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenvenuto Cellini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1500 Editar o valor em Wikidata
Florencia Editar o valor em Wikidata
Morte13 de febreiro de 1571 (70 anos)
Florencia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoOrfebre, escultura, literatura, ourivaría, Q12769155 Traducir, soneto e autobiografía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Florencia
Lión
Boloña
Nápoles
Pisa
Venecia
Fontainebleau
París
Roma
Mantua
Siena Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescultor , orfebre , historiador da arte , prateiro , debuxante arquitectónico , medallista , autobiógrafo , escritor , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividadeRenacemento
Membro de
Xénero artísticoPintura mitolóxica e pintura relixiosa Editar o valor em Wikidata
MovementoManierismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMichelangelo de' Brandini (pt) Traducir e Lucagnolo da Jesi Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
MecenasCosmo I, Grão-Duque da Toscana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
CónxuxePiera Parigi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Condenado porsodomía (1557) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1893439 Discogs: 1799074 Find a Grave: 13115942 Editar o valor em Wikidata
Perseo coa cabeza de Medusa, en Florencia

Benvenuto Cellini, nado en Florencia o 3 de novembro de 1500 e finado na mesma cidade o 13 de febreiro de 1571, foi un artista do Renacemento, escultor, ourive e escritor italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Benvenuto naceu en Florencia, onde a súa familia tiña propiedades rurais durante tres xeracións. O seu pai, Giovanni Cellini, construía e tocaba instrumentos musicais. A súa nai era Maria Lisabetta Granacci. Era o segundo fillo. O seu pai desexaba que el o axudase a fabricar instrumentos, a pesar de que tiña unha inclinación para traballar metais. Finalmente decidiu aos quince anos que fose aprendera profesión de ourive con Antonio di Sandro, chamado Marcone. Polos problemas que tivo durante a súa mocidade foi enviado por seis meses a Siena, onde traballou co ourive Francesco Castoro, chamado Fracastoro. Mudouse logo a Boloña, onde fixo progresos na ourivaría e comezou a tocar a frauta. Despois de visitar Pisa e volver por dúas veces a Florencia, foi a Roma, con dezanove anos.

Atraeu a atención con algúns traballos para o bispo de Salamanca, que o introduciu favorablemente perante o papa Clemente VII. Desa época é un dos seus traballos máis celebrados, o medallón Leda e o Cisne (hoxe en Viena), co torso e a cabeza de Leda executados en pedra. O papa contratouno como frautista.

O Cristo do mosteiro do Escorial

No ataque sobre Roma por Constable de Bourbon, Cellini tomou as armas para defender o papado. Segundo as súas propias palabras, foi el quen feriu o inimigo. A súa fama provocou a súa reconciliación cos maxistrados de Florencia e puido volver visitar a súa cidade natal, onde traballou en varias medallas, as mais famosas Hércules e o león de Nemeia, e Atlas soportando o globo, máis tarde acabaron en poder de Francisco I de Francia. Despois dun paso por Mantua volveu a Roma, traballando en xoias e medallas. Retomando o seu lado belicoso, matou o asasino do seu irmán en 1529 fuxindo cara a Nápoles. Pola influencia de varios notables obtivo o perdón e coa elevación de Paulo III foi reinstalado no seu cargo, a pesar do homicidio dun ourive, mais por accidente que por malicia, que cometeu nese tempo. Amigo de Pierluigi Farnese, fillo natural do papa, conseguiu escapar dos seus perseguidores, mais acabou pasando un tempo preso no Castelo de Sant’Angelo baixo a acusación de trocar as xemas da tiara papal.

Coa invitación de Francisco I traballou en Fontainebleau e París, mais se envolveu nas intrigas da corte e acabou retornando en 1545 para Florencia, onde se ocupou de diversas obras e da rivalidade co tamén escultor Baccio Bandinelli, que acabou acusándoo publicamente de sodomía. Involucrouse nas obras de fortificación da súa cidade durante a guerra con Siena, e tamén polas súas belas obras de arte, acaba tendo o seu valor recoñecido polos duques e gañou a admiración dos seus compatriotas. Cellini morreu en Florencia en 1571 e foi enterrado na igrexa de Nosa Señora da Anunciación con gran pompa.

Os mellores traballos[editar | editar a fonte]

Saleiro que representa a Neptuno e Anfitrite

A máis reverenciada escultura de Cellini é o grupo en bronce de Perseo suxeitando a cabeza da Medusa, encarga do duque Cosme I de Medici e hoxe exposto, tras ser restaurado, na Loggia dei Lanzi, fronte á Galleria degli Uffizi, en Florencia, sen dúvida un dos maiores monumentos do Renacemento. Outra obra importante é un crucifixo en tamaño natural, de mármore, hoxe no mosteiro do Escorial, feito para o seu propio túmulo, mais despois vendido aos Medici, que o mandaron a España.

Un botón de ouro para a capa do Papa Clemente VII aparece nunha relación de obxectos entregados polo papa Pío VI a Napoleón en 1797, como indemnización polas campañas militares do corso.

Un saleiro en ouro representando a Netuno e Anfitrite, actualmente en Viena, innúmeras medallas e moedas, cálices, xoias, moitas desaparecidas, demostraban a mestría de Benvenuto Cellini cos metais preciosos.

Escritor[editar | editar a fonte]

Cellini comezou a escribir, en Florencia, no ano de 1558, un libro de memorias autobiográficas, mostrando as súas paixóns, deleites, a súa arte, con autoeloxios e extravagancia, creou un dos máis singulares libros xamais escrito, con pasaxes verídicas e outras fantasiosas, crimes, anxos e demos, na que é a máis importante autobiografía do Renacemento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • El Cristo blanco de Cellini, Lopez Gajate, Juan Escurialenses 1995 (en castelán)
  • Cellini Pope-Hennessy, John W. Abbeville Press 1985 (en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]