Beirarrúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Beirarrúa

A beirarrúa é o espazo destinado á circulación dos peóns, situado nas marxes dunha rúa ou calzada, normalmente cunha certa elevación sobre o nivel desta.[1]

En canto elemento do espazo público, en moitos países existen leis que fomentan a supresión das chamadas barreiras de infraestrutura das beirarrúas para así reducir as dificultades das persoas con discapacidade. Requírese que as beirarrúas teñan ramplas nas esquinas para permitir o tránsito fluído de persoas en cadeira de rodas. As súas dimensións dependen do tránsito que deban soportar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beirarrúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]