Batalla de San Mamede

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Afonso Henriques no Castelo de São Jorge en Lisboa, réplica da orixinal, feita por Soares dos Reis, que se encontra en Guimarães.

A Batalla de San Mamede foi trabada no 24 de xuño de 1128, entre o infante Afonso Henriques e as tropas de súa nai, Dona Tareixa e do conde galego Fernando Pérez de Traba, que tentaban controlar o goberno do Condado Portucalense. As dúas faccións confrontáranse no campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito Campo do Torneio, preto de Guimarães; aquel nome de Campo de Torneio parece descubrir que a batalla non foi tal, senón máis ben un torneo, que dirimiu a querela.

Coa derrota, Dona Tareixa e Fernando Pérez abandonaran o goberno condal, que ficaría agora nas mans do infante e os seus partidarios, desagradando ao bispo de Santiago de Compostela, Diego Xelmírez, que cobizaba o dominio das terras do Sur do Miño. D. Teresa desistía así das ambicións de ser señora de toda a Galiza, transminiana e cisminiana. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no Castelo de Lanhoso.[Cómpre referencia] Hai ata quen relate as maldicións que Dona Tareixa lanzou ao seu fillo Henrique.[quen?]

En 1129, Afonso Henriques autoplocamouse Príncipe de Portugal e en 1139 Rei de Portugal. O rei de León e Galiza finalmente recoñeceu a independencia de Portugal en 1143 no Tratado de Zamora. En 1179, o Papa acepta a vasalaxe directa de Henriques, recoñecéndoo rei de jure a través do que pasou a ser Afonso I de Portugal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]