Batalla de Ourique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 39°10′12″N 8°45′36″O / 39.1700, -8.7600

Batalla de Ourique

O milagre de Ourique. Óleo en tea. Domingos Sequeira. 1793.
Data 25 de xullo de 1139
Lugar Ourique, Baixo Alentexo
Resultado Vitoria do príncipe Afonso Henriques
Belixerantes
Condado de Portugal Almorábides
Líderes
Afonso Henriques
  • Estandarte real Garcia Mendes de Sousa
  • Mem Moniz
  • Diogo Gonçalves de Cete †
  • alcaide de Coímbra Gonçalo Dias de Góis
Alí ibn Yúsuf
Muhammad Az-Zubayr Ibn Umar
Forzas en combate
Descoñecidos Descoñecidos
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas

A batalla de Ourique (en árabe: معركة أوريكه) tivo lugar o 25 de xullo de 1139 probablemente en Ourique, no Baixo Alentexo portugués e nela combateron os exércitos do príncipe Afonso Henriques e os exércitos almorábides de Alí ibn Yusuf. A vitoria dos primeiros foi decisiva para a consolidación do condado de Portugal como reino e a conversión de Afonso Henriques no rei Afonso I de Portugal. De feito, o escudo portugués leva cinco pequenos escudos en forma de cruz que representan os cinco reis mouros vencidos en Ourique.

Contexto[editar | editar a fonte]

Aproveitándose que o exército de Afonso Henriques estaba loitando contra Afonso VII na batalla de Valdevez, as forzas musulmás atacaran e destruíron Leiria e Trancoso.[1] A ansiedade de Afonso Henriques por esta incursión na súa fronteira sur acelerou as súas negociacións con Afonso VII, levando ao tratado de Zamora e liberando as tropas de Afonso Henriques para facer fronte ao ataque musulmán.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reilly, Bernard F. (1998). The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VII, 1126–1157. Philadelphia, Pennsylvania: University of Pennsylvania Press. pp. 70–71. ISBN 978-0-8122-3452-7. 
  2. Lay, S. (2008-11-28). The Reconquest Kings of Portugal: Political and Cultural Reorientation on the Medieval Frontier. Palgrave Macmillan UK. p. 81. ISBN 9780230583139. Consultado o 23 de xullo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]