Batalla de Aquisgrán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 50°46′35″N 6°05′00″L / 50.776388888889, 6.0833333333333

Batalla de Aquisgrán

O exército estadounidense na batalla.
Data: 1 - 22 de outubro de 1944
Lugar: Aquisgrán, Alemaña
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: Vitoria estadounidense
Combatentes
Estados Unidos Alemaña

A batalla de Aquisgrán desenvolveuse en outubro de 1944 durante a segunda guerra mundial na cidade alemá de Aquisgrán, na que no tempo vivían 20 000 civís defendidos por 5 000 soldados comandados por Gerhardt Wilck. O mando norteamericano decidiu sitiar a cidade, foi a primeira cidade alemá importante en facer fronte á entrada das tropas aliadas, polo que Hitler ordenou ás súas tropas resistir ata a fin, ao tempo que enviaba reforzos. Ao entrar as tropas aliadas na cidade desenvolveuse unha loita casa por casa que deixou 5 000 mortos por cada bando.