Barbos, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbos
Vista coa ria e o xuncal
ConcelloOrtigueira[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°41′00″N 7°49′30″O / 43.6833, -7.8249Coordenadas: 43°41′00″N 7°49′30″O / 43.6833, -7.8249
Área3,1 km²
Poboación90 hab. (2017)
Densidade29,03 hab./km²
Entidades de poboación27[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xulián de Barbos[1] é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Este topónimo ten a súa orixe nun xentilicio prerromano. Está atestado como Sancti Juliani de Baruaos no 1137, e máis tardiamente como Barboos, o cal apoiaría a hipótese de E. Bascuas de derivar dunha protoforma *Bharwanos, a partir do radical *barw-, derivado da raíz indoeuropea *bher- 'ferver, manancial'. Este xentilicio faría referencia a habitantes oriundos dun lugar chamado Barba ou similar.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Barbos está situada ao sur da enseada de Ladrido nas abas dos montes de Pereira e Seoane. Os límites son polo norte as brañas da enseada de Ladrido, polo sur a parroquia de San Salvador de Couzadoiro, polo oeste a parroquia de Luía e polo leste a parroquia do Mosteiro. A estrada AC-682 atravesa a parroquia pola beiramar, o mesmo que fai o camiño de ferro de FEVE Ferrol-Oviedo, mais non ten apeadoiro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial que se atopa no lugar da Rúa está construída en planta de cruz latina e ten campanario na fronte e un cemiterio acaroado.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

A ría de Ortigueira dende Barbos.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Barbos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Barbos no concello coruñés de Ortigueira

O Ameneiral | O Augueiro | A Brea | O Cal | A Cancela | A Cruz | Ervilleiro | Estevo | Lobeiros | O Lombo de Abaixo | O Lombo de Arriba | O Outeiro | A Pardiñeira | Pé do Altar | A Pereira | Os Petañosl | A Rama | O Regueiro | O Río | A Rúa | Sobrado de Abaixo | Sobrado de Arriba | O Souto | A Torre | Valella | A Veiga | Vilabade

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]