Banys de l'Almirall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Banys de l'Almirall
CoordenadasCoordenadas: 39°28′30″N 0°22′24″O / 39.474969, -0.373461
PaísEspaña España
CidadeValencia
ConstruciónSéculo XIII
Na rede
http://www.banysdelalmirall.org
editar datos en Wikidata ]
Porta de acceso.

Os Banys de l'Almirall (en galego: Baños do Almirante) é un edificio que se sitúa xunto co Pazo do Almirante de Aragón, no barrio da Xerea, dentro da Ciutat Vella de Valencia, de arquitectura islámica, construído no século XIII e utilizado até o XX.

Historia[editar | editar a fonte]

Aínda que son do século XIV, época de dominación cristiá, foron construídos seguindo o estilo e a tipoloxía da arquitectura islámica, e son a mellor e case única mostra deste tipo de arquitectura na cidade de Valencia, onde todo foi arrasado coa chegada dos cristiáns.

A Valencia onde entraron os primeiros ocupantes cristiáns en 1238 era unha cidade moi ben provista de estabelecementos balnearios. O total de baños existentes naquel momento podía achegarse aos vinte e cinco, cunha poboación duns 15 000 habitantes. Así e todo, non serían máis de cinco os baños que sobreviviron aos anos inmediatamente posteriores á conquista. É preciso agardar ao reinado de Jaume II (1291-1327) para a creación de novos estabelecementos balnearios.

Foi entón cando se construíron os baños de l’Almirall. O construtor do conxunto de edificios, formado por un pazo, un forno, o baño e, probablemente, outros inmóbeis de carácter veciñal, foi o cabaleiro e xurista Pere de Vila-rasa. As obras considéranse acabadas en 1320.

O hammâm, ou baño de vapor árabe, era da forma usual adoptada polos baños públicos nos reinos hispánicos medievais, e non só nos de tradición islámica, senón tamén en cidades que non formaron parte de Al-Andalus, como era Xirona. Así pois, aínda que segue a tradición dos baños de vapor árabes, os de l’Almirall foron construídos en época cristiá. É preciso dicir que estes son os baños públicos da cidade de Valencia que máis tempo estiveron abertos (case ininterrompidamente dende o século XIV até o XX).

O Baño de l’Almirall é un edificio de baños de carácter humilde que serve para coñecer como funcionaba a vida cotiá das clases menos favorecidas da cidade de Valencia. Desenvolvíase unha sociabilidade entre as mulleres e entre os homes, sexos que se xuntaban en días ou horarios distintos. O baño constituía un exercicio de hixiene práctica e permite coñecer as relacións sociais de cada unha das épocas.

O edificio consta de tres cámaras: a sala fría, a morna e a quente.

Sala fría[editar | editar a fonte]

Sala fría.

A sala freda é rectangular, cuberta con bóveda de canón, e con dez lucernas estreladas. Era a primeira sala, á cal se accedía dende o vestíbulo, que daba á rúa. Era unha estancia de tránsito que dispoñía de latrinas e dun espazo para alzar os utensilios do baño. Tamén había unha pía de auga fría para que os bañistas a mesturaran coa auga quente.

Sala morna[editar | editar a fonte]

Sala morna. Costado norte, iluminado polo Sol a través das lucernas
Sala morna. Costado sur. Ao fondo vense utensilios empregados para o baño

Da fría accedíase á sala tèbia, onde a xente pasaba a maior parte do tempo. Esta sala, a máis bela do conxunto, é a dependencia de maiores dimensións. De planta rectangular está dividida en tres tramos mediante tres arcos que baixan en dúas columnas. O espazo central está cuberto por unha cúpula octogonal sobre trompas, e na cúpula ábrense lucernas estreladas. Os espazos laterais son rectangulares e están cubertos con bóveda de canón perforadas con lucernas estreladas.

Sala quente[editar | editar a fonte]

Volta vista dende o exterior

Dende a sala morna éntrase á sala calenta, que ao igual que a fría, é de planta rectangular cuberta con bóveda de canón e con seis aberturas estreladas. Na boca da sala quente hai unha abertura que permite coller auga en ebulición; o aire quente producido polo lume da caldeira expandíase a través dun hipocausto ou cámara de pouca alzada, baixo a terra da sala, e despois ascendía polo interior dos muros que limitan coa sala morna a través dunhas chemineas denominades escalfadors. A sala quente é a que definía o baño de vapor. Como o pavimento estaba moi quente, a xente verquía cubos de auga continuamente e xeraba vapor. Despois de pasar uns minutos nesta sala, os bañistas ían á sala morna para as masaxes e para charlar.

Outras dependencias[editar | editar a fonte]

A fábrica é de muros sólidos e moi grosos para resistir a humidade e manter a calor, sen máis aberturas que as das miúdas portas de tránsito e as pequenas lucernas estreladas abertas e tapadas con vidros de cores. Habitualmente a este conxunto, o baño propiamente dito, engadíase unha sala con funcións de vestíbulo ou lugar de repouso, ademais dos locais de servizo, como a sala da caldeira e o depósito de leña.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

"Baños del Almirante". Consorci de Museus de la Comunitat Valenciana (en castelán).