Bangalore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBangalore
ಬೆಂಗಳೂರು (kn) Editar o valor em Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°58′45″N 77°35′29″L / 12.9791198, 77.5912997Coordenadas: 12°58′45″N 77°35′29″L / 12.9791198, 77.5912997
PaísIndia
Estado da IndiaKarnataka
División da IndiaBangalore division (en) Traducir
Distrito da IndiaBengaluru Urban district (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación12.327.000 (2020) Editar o valor em Wikidata (16.635,63 hab./km²)
Lingua oficialLingua kanaresa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie741 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude920 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorKempe Gowda I (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1537 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
Identificador descritivo
Código postal560000–560107 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico80 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webbbmp.gov.in Editar o valor em Wikidata

Bangalore (en kanarés: ಬೆಂಗಳೂರು) é a capital e cidade principal de Karnataka, na India. Tiña 9 621 551 habitantes no censo de 2011,[1] o que a converte na quinta cidade do país. Importante centro dedicado á industria pesada e ás tecnoloxías da información.

Linguas[editar | editar a fonte]

Kanarés 31%, telugu 27%, támil 20%, malayalam 5% e outras linguas 10%. A presenza de numerosas oficinas do goberno e de establecementos militares fan que o hindí sexa moi usado na cidade. O inglés tamén se emprega como lingua de intercomunicación entre xentes de diferentes orixes.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiras referencias[editar | editar a fonte]

A primeira referencia do nome Bengaluru data do 890 coma lugar onde houbo unha batalla. Foi parte do Reino Ganga ata o 1024 e aparece nomeada Bengaval-uru (Cidade dos Gardas). Despois caeu no poder dos Chalukya-Cholas e, no 1074, pasou ao poder do Imperio Chola. A partir de 1117 foi territorio do Imperio Hoysala. No 1336 xa era parte do Imperio de Vijayanagar.

Fundación da Bangalore moderna[editar | editar a fonte]

Con todo, pouco o nada sábese do asentamento deses séculos ata que, en 1537, un gobernante feudatario do Imperio de Vijayanagar, Kempe Gowda I, constrúe un forte de adobe no lugar rodeando unha área de máis de 2 km².

No seu interior estendeuse a poboación propiamente dita, o chamado Pete (mercado na lingua local). En forma de améndoa con dous eixes principais (rúa Chikkapete do leste a oeste; rúa Doddapete de sur a norte) que crúzanse no centro (praza Doddapete), como nas nosas cidades medievais distribuíase cada oficio nunha área que levaba esa denominación (Aralpete do algodón, Akkipete do arroz, Ragipete, Balepete das frores, Kumbarpete dos oleiros, Ganginarpete do aceite, Upparpete do sal e Nagartharapete do ouro e a prata). Actualmente aínda segue a ser o mercado tradicional da metrópole [2].

A máis erixiu entre outros o Templo Nandi (do Toro) de Basavanagudi algo máis ao sur e dotou ao territorio, que non posuía corrente algunha de importancia, de numerosos estanques e lagos. O seu neto, Kempe Gowda II, seguiu a política do seu avó atraendo poboación e máis mercados, cavando novos reservorios e erixindo catro torres cardinais delimitadoras do que pretendía fora a cidade futura [3][4].

Baixo o reino de Mysore[editar | editar a fonte]

Bastións do Forte do Sur, ou de Tipu Sultán, en 1860.

Despois de 1638 Bangalore caeu en poder dos marathas e do Imperio mogol que vendeuna (1686) ao rey de Mysore Chikkadevaraja Wodeyar quen, en 1689, construíu un pequeno forte ovalado ao sur de Pete (inda que algúns estudosos sosteñen que tamén data do tempo do fundador).

En 1759 foi refeito en granito polo rei de facto Haider Alí que converteu así á cidade nun bastión militar. A Porta de Delhi ao norte (único vestixio hoxe en día) servía de unión co de Pete [5][6]. O seu fillo e sucesor, Tipu Sultán, construíu no interior un pazo e o templo Srinivasa . Entrámbolos dous levaron a Bangalore a un período de prosperidade con grande actividade comercial. Embelecérona con xardíns dos que o máis destacado é o Lal Bagh (modelo nos xardíns mogoles de Lahore e Delhi) [7].

Bangalore Cantonment[editar | editar a fonte]

Mapa de Bangalore en 1924; a zona de Pete e a do Cantonment claramente diferenciadas.

Tipu Sultan (o Tigre de Mysore) guerreou contra os británicos que, en 1799, conquistaron o reino e a cidade. No 1806 decidiron trasladar alí a súa guarnición militar e administrativa, ou Cantonment, o que ocasionou un grande incremento de poboación (moitos inmigrantes támiles) e que en 1831 levou a capital do reino a Bangalore. Pete e o Cantonment creceron coma cidades xemelgas pero independentes. A segunda ao leste, de corte europea e máis de 30km2, espallábase arredor do Parade Ground, o campo de manobras.

O South Parade converteuse na arteria central con bares e restaurantes, clubs, cines, tendas e igrexas (e actualmente é o centro da metrópole co nome de Mahatma Gandhi Road ou MG Road). Na súa contorna, as zonas residenciais de baixa densidade dos europeos (tipo cidade-xardín, que tamén é o alcume de Bangalore). Ao norte creceu o complexo núcleo dos traballadores támiles, o Bazar Blackpally. Entre as dúas cidades, Pete e Cantonment, o Parque Cubbon (creado en 1864) actuaba de charnela. No mesmo ano chegou o ferrocarril de Madrás, que tiña a súa estación a carón do Bazar.

Pronto precisáronse novos asentamentos. Na década final do século (continuando nas dúas primeiras do século XX) apareceron entre outros, ao norte do bazar, Cleveland Town (1883), Fraser Town e Richards Town; ao sur do Parade, Richmond Town (1883). Tamén na vella Bangalore houbo extensións, ao sur do forte (que coma o vello muro de Pete foi caendo na ruína ata desaparecer): Chamarajpet (1892), Sankarapuram, Basavanagudi (1894 [8]); ao norte, Malleswaram (1898, durante a peste que desaloxou a moitos habitantes do centro). Nelas, o contraste entre a súa planificación reticular de rúas amplas e alboradas con prazas e zonas verdes, e a adxacente vella cidade india era absoluto.

En 1927, con motivo do Xubileu de Prata do maraxá Krishna Raja Wadiyar IV, comezou unha campaña de obras de embelecemento (parques, edificios públicos, hospitais) para facer valer o alcume de Bangalore coma Cidade Xardín.

Independencia e centro das Tecnoloxías da Información[editar | editar a fonte]

Trala independencia da India en 1947, a cidade binuclear (case que polinuclear) uniuse nunha soa administración, co custo arrastrado ata hoxe de carecer dunha estrutura urbana xerárquica cun centro ben caracterizado.

Designada capital do estado de Karnataka (1956) comezou a creceres primeiro como centro educativo e lugar de retiro (barrio de Jayanagar no sur, 1958); despois coma núcleo industrial do sector público e, a partir dos anos setenta, coma centro de industrias da información e tecnolóxicas (Electronic City, 1988). Crecemento que ten sido vertixinoso dende os noventa (Silicon Valley da India) e a converte nunha das metrópoles de maior proxección da actualidade [9].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bangalore". City Population. Consultado o 10 de decembro de 2021. 
  2. Plano de Pete de Bangalore co forte de 1689 ao sur
  3. Situación das catro torres de Kempe Gowda en Google Maps
  4. "As catro torres de Kempegowda con imaxes da cidade". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2013. 
  5. Planta do Forte do sur (1689-1759)
  6. Vista da época do Forte do sur dende Pete
  7. Vista de 1791 do Lal Bagh dende a torre de Kempegowda co Forte ao fondo [1]
  8. "Plano da Basavanagudi, 1894". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2007. Consultado o 06 de marzo de 2013. 
  9. Mapa do área metropolitana de Bangalore[Ligazón morta]