Bandoneón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un bandoneonista riopratense de tango tocando un bandoneón.
Son do bandoneón.

O bandoneón é un instrumento musical de vento, libre (ou de palletas libres) a fol, parente da concertina e o acordeón, de forma rectangular, sección cadrada e timbre particular. O seu nome provén orixinalmente do alemán, bandonion, pero a súa castelanización no Río da Prata estableceu a palabra "bandoneón" para denominar o instrumento en español.[1]

Naceu en Alemaña como evolución de instrumentos de palletas soltas anteriores como a concertina entre outros. Dise que o seu uso foi inicialmente como órgano portátil para executar música relixiosa; de aí o seu son sacro e melancólico único. Ao chegar ao Río da Prata da man de mariñeiros e inmigrantes, foi adoptado por músicos da época e foi así que colaborou na formación do son particular do tango riopratense, converténdose nun verdadeiro símbolo deste.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zucchi, Oscar (1998). Corregidor, ed. El tango, el bandoneón y sus intérpretes. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.