Bandeira do Canadá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira do Canadá
Bandeira do Canadá
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción15 de febreiro de 1965
Cores     Vermello     Branco

A bandeira do Canadá, tamén coñecida en inglés como The Maple Leaf (a bandeira da folla de pradairo») e en francés como l'Unifolié («a bandeira cunha soa folla»), oficialmente chamada Bandeira Nacional do Canadá, é unha bandeira vermella cun cadrado branco no seu centro, dentro do cal hai unha folla de pradairo vermella de 11 puntas. A súa adopción en 1965 marcou a primeira vez que unha bandeira nacional era adoptada oficialmente no Canadá para substituír a bandeira do Reino Unido. A Red Ensign («Estandarte Vermello») canadense fora empregada extraoficialmente dende os anos 1890 e foi aprobada nun decreto de 1945 para usarse en "calquera lugar ou ocasión na que sexa desexable izar unha insignia canadense distintiva".[1][2]

En 1964, o Primeiro ministro Lester B. Pearson organizou un comité para que tratara o asunto, provocando un serio debate acerca dun cambio de bandeira. Tendo tres opcións, elixiuse o deseño da bandeira da folla de pradairo, creado por George F. G. Stanley e John Matheson baseado na bandeira do Royal Military College. A bandeira fixo a súa primeira aparición o 15 de febreiro de 1965; esa data é celebrada anualmente dende entón como o Día da Bandeira Nacional do Canadá.

Outras bandeiras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. C. P. Stacey (1972). "Chap. 19. Order in Council on the Red Ensign, 1945". Historical documents of Canada (en inglés) 5. Nova York: St. Martin's Press. p. 28. ISBN 0-7705-0861-8. 
  2. "Patrimoine canadien - Premiers « drapeaux canadiens »" (en francés). Patrimonio Canadá. 24 de setembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 8 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]