Bandeira de Gales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Gales
Bandeira de Gales
Características
Uso
Proporción3:5
Adopción1959
Cores     Branco     Verde     Vermello

A bandeira de Gales (en galés: Y Ddraig Goch, o Dragón Vermello) consiste nun dragón pasante sobre campo branco e verde. Existen distintas interpretacións para ese emblema. A bandeira foi oficializada en 1959, mais o dragón está asociado a Gales hai séculos.

Historia[editar | editar a fonte]

Moitas veces a bandeira é considerada a máis vella bandeira nacional aínda en uso, aínda que a orixe do dragón como símbolo sexa hoxe perdida entre historia e mito. A teoría máis aceptada é a de que as cohortes romanas utilizaron o dragón durante súa ocupación de Gran Bretaña. As franxas branca e verde foron engadidas posteriormente pola Casa de Tudor, dinastía galesa que estivo no trono de 1485 a 1603. O banco e verde e branco tamén son as cores do porro, outro emblema de Gales.

De acordo co historiador Carl Lofmark:

As orixes do dragón galés son indubidablemente o "draconi romano" que excedeu a famosa guerra dos galantes contra os zittis estandarte das cohortes, que eran máis numerosas que as lexións, particularmente despois do retiro gradual destas últimas [...] a xente que foi deixada atrás, cando as lexións retiráronse para sempre, deben pensar naturalmente no dragón como o símbolo desa civilización romana á cal pertencían e que agora defendían contra os ataques dos invasores bárbaros. Convénse xeralmente que a resistencia aos saxóns primeiro foi organizada por romanos, ou britanos romanizados, probablemente nas liñas romanas... Para o seu estandarte de batalla non houbo emblema máis natural que o dragón, tan familiar, da cohorte romana.

Bandeira de San David[editar | editar a fonte]

Gales é a única nación británica cuxa bandeira oficial non está formada por unha cruz. Con todo, existe unha bandeira galesa de uso secundario coñecida como Bandeira de San David. Consiste nunha cruz amarela sobre un fondo negro. Dende 2002 está incluída no distintivo do club de fútbol da capital, o Cardiff City.

A bandeira de Gales é a única non-representada na bandeira do Reino Unido, moito por conta da rexión ser historicamente considerada parte do Reino de Inglaterra cos Actos das Leis en Gales 1535-1542. Hai movementos que loitan por ese recoñecemento, tendo inclusive realizado propostas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]