Baixo sorabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Baixo sorabo
dolnoserbski, dolnoserbšćina
Pronuncia:[ˈdɔlnɔˌsɛrskʲi]
Falado en: Alemaña
Rexións: Brandeburgo
Total de falantes: 6 900 (2007)
Familia: Indoeuropea
 Balto-eslava
  Eslava
   Eslava occidental
    Sorabo
     Baixo sorabo
Escrita: Latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Rexional en Alemaña (Brandeburgo e Saxonia)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: dsb
ISO 639-3: dsb
SIL: WEN
Mapa

O baixo sorabo sinalado en verde escuro.
Status

O baixo sorabo está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O baixo sorabo (dolnoserbski) é unha lingua minoritaria eslava de Alemaña, falada na histórica provincia de Baixa Lusacia, na actual Brandeburgo. É unha das dúas formas literarias do sorabo, sendo a outra o alto sorabo.

O baixo sorabo é falado arredor da cidade de Cottbus en Brandeburgo. Os sinais desta rexión son polo xeral bilingües e Cottbus ten un colexio no que o baixo sorabo é a lingua do ensino. É unha lingua gravemente ameazada.[2] A meirande parte dos falantes nativos teñen unha idade avanzada.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Moseley, Christopher (2010). Atlas of the World’s Languages in Danger. París: UNESCO Publishing. ISBN 978-92-3-104096-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]