Axuda:Introdución á edición con Editor Visual/4
Iniciando o editor
Ferramentas básicas
Ligazóns
Gardar os seus cambios
Crear novos artigos
Resumo
|
Unha vez que está conforme coas modificacións feitas, é hora de gardalas. Cando garda as súas edicións, inmediatamente cambia a páxina de Wikipedia que estaba a editar (para cancelar as súas edicións, peche a xanela do seu navegador antes de gardalas). Cando remate de editar, prema no botón azul Publicar os cambios da barra de ferramentas. Isto abrirá unha caixa de diálogo na que pode resumir as súas edicións. Este resumo axuda a outras persoas a comprender o que modificou.
|