Avelino Barrio Pérez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de agosto de 1920 A Coruña, España |
Morte | 30 de xuño de 1979 (58 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España Arxentina |
Educación | Facultade de Medicina da Universidade de Bos Aires |
Actividade | |
Ocupación | médico |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Barrio |
Familia | |
Pai | Avelino Barrio López |
Avelino Barrio Pérez, nado na Coruña o 10 de agosto de 1920 e finado en Buenos Aires o 30 de xuño 1979, foi un médico e herpetólogo arxentino de orixe galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do médico Avelino Barrio López, naceu na Coruña coincidindo cunha visita do seu pai a Galicia.[1] Estudou no Colexio Nacional de Bos Aires, e doutorouse na Universidade de Bos Aires (1948-1954). Pasou a maior parte da súa carreira nesa Universidade, e no Instituto Nacional de Microbiología Carlos Malbrán, chegando a xefe da División Herpetología y Ponzoñas. En 1969 fundou o Centro Nacional de Investigaciones Ictiológicas e consagrouse ao estudo de animais velenosos. Tamén traballou en taxonomía, e estudou o canto das ras.
Obras[editar | editar a fonte]
- Observaciones sobre Lepidosiren paradoxa y fijación de material argentino. Revista Arg. de Zoogeografía III, 1943.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Avelino Barrio, o médico dos emigrados". Consultado o 08 de xaneiro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Kraig Adler. 1989. Contributions to the History of Herpetology, Society for the study of amphibians and reptiles.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biografía Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.