Autocorrelador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un autocorrelador é un instrumento óptico que permite obter a traza de autocorrelación dun pulso óptico ultracurto (duración inferior a 10 ps), para dela obter unha medida da súa duración.

Isto é, mide o pulso dividíndoo en dúas réplicas cun retardo relativo e realiza mediante un fenómeno óptico non linear a multiplicación dos mesmos, mentres un detector realiza a integración no tempo da intensidade resultante; en resumo, a falta dun evento controlábel de menor duración para realizar a mostraxe, emprega o propio pulso.

En moitos casos, se a autocorrelación se acompañar dunha expresión analítica suposta a priori para a forma temporal, é posíbel axustar a traza de autocorrelación obtida para ademais determinar o perfil temporal do pulso en amplitudes e fase.

Noutros casos nos que o anterior non é posíbel (como en pulsos por baixo dos 10fs) e non se axustar correctamente a unha forma analítica, non queda outra que obter a traza de autocorrelación interferométrica, ademais de, no caso máis sinxelo, o espectro de amplitudes do pulso, se se desexar a determinación do perfil temporal de amplitude e fase.

Varias técnicas que logran obter o perfil exacto do pulso sen necesidade de coñecer e supoñer unha forma a priori, son FROG,TROG, Sonograma e SPIDER.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]