Augusto César Lendoiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Augusto César Lendoiro
Augusto César Lendoiro

Portavoz do grupo municipal do PPdeG na Coruña
1991 – 1999
Sucedido por Antonio Erias Rey


Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
por Partido Popular
1987 – 1999

1995 – 1999
Precedido por Salvador Fernández Moreda
Sucedido por José Luis Torres Colomer


Senador das Cortes Xerais de España
por A Coruña
1989 – 1990

24 de maio de 1988 – 21 de xaneiro de 2014
Precedido por Luis Carlos Morato Miguel
Sucedido por Constantino Fernández Pico

Datos persoais
Nacemento 6 de xuño de 1945 (78 anos) Corcubión
Partido Partido Popular
Profesión Avogado, político e dirixente deportivo
Residencia A Coruña
Escultura en Sada.

Joaquín Augusto César Lendoiro, nado en Corcubión o 6 de xuño de 1945, é un dirixente deportivo e político galego, presidente do Deportivo da Coruña entre 1988 e 2014.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ámbito deportivo[editar | editar a fonte]

A súa relación co mundo do deporte comezou moi cedo. Cando tiña 15 anos xa foi presidente de Ural CF[1], un club de fútbol afeccionado da Coruña, e cofundou o Hockey Club Liceo da Coruña, co que gañou varios campionatos de España, de Europa e do Mundo.

Posteriormente foi presidente do Español de Santa Lucía, e en 1988 asumiu a presidencia do Deportivo da Coruña nun momento de fonda crise, tanto deportiva (co equipo coqueteando co descenso a Segunda División B) coma económica, cunha débeda próxima aos 500 millóns de pesetas. Nese ano o club salvou a categoría e iniciaría un ascenso deportivo que tería o seu momento cumio nos anos 2000.

Na temporada 1991-92 o Deportivo volvía á Primeira División, categoría na que se mantivo ininterrompidamente 20 anos consecutivos con Lendoiro como presidente. A súa presidencia, aínda que moi discutida por certos sectores, estivo chea de éxitos deportivos conseguindo non só os primeiros títulos do equipo: unha liga, dúas Copas do Rei, tres Supercopas de España e unha Copa Intertoto; senón tamén grandes actuacións na Liga de Campións da UEFA (chegando as semifinais nunha ocasión) e gozando do xogo dalgúns dos mellores xogadores do mundo (Bebeto, Mauro Silva, Rivaldo, Valerón).

Porén, a forte débeda acumulada polo club durante os seus máis de vinte anos de mandato, unido ás malas relacións cos poderes económicos e políticos da cidade da Coruña provocaron que houbera un forte sector crítico con Lendoiro que tentaba facer presión para que abandonara o seu posto.[Cómpre referencia]

O 22 de decembro de 2013 os accionistas non aprobaron as contas presentadas por Lendoiro por primeira vez nos seus 25 anos de mandato.[2] Dous días máis tarde anunciou que retiraba a súa candidatura ás eleccións da presidencia[3] e o 21 de xaneiro de 2014 foi relevado no cargo por Tino Fernández.[4]

En maio de 2014 foi nomeado embaixador da Liga de Fútbol Profesional polo seu presidente, Javier Tebas.[5]

Política[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito, Lendoiro tamén se sentiu atraído pola actividade política compatibilizando durante moitos anos a xestión deportiva con diferentes cargos públicos e dentro do Partido Popular. En 1987 saíu elixido concelleiro da Coruña polo partido antes mencionado, foi senador (19891990), secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, deputado no Congreso dos Deputados (19931995), candidato á alcaldía da Coruña en 1991 e 1995 e presidente da Deputación da Coruña (1995−1999). Na actualidade encóntrase retirado da vida política.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Perfil de Augusto César Lendoiro Arquivado 22 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Xornal de Galicia, 21 de xullo de 2009, consultado o 18.9.09
  2. "La primera derrota de Lendoiro", artigo en ABC, 21 de decembro de 2013 (en castelán)
  3. "Lendoiro retira su candidatura y no se presentará a las elecciones del Deportivo" Arquivado 02 de febreiro de 2014 en Wayback Machine., artigo en La Información
  4. "Tino Fernández pone el punto final a 25 años de lendoirismo", artigo en ABC, 21 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  5. Javier "Tebas nombra a Lendoiro nuevo embajador de la LFP"; As, 8 de maio de 2014 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Salvador Fernández Moreda
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
1995−1999
Sucesor:
José Luis Torres Colomer
Predecesor:
Luis Carlos Morato
 Presidente do Deportivo da Coruña 
1988−2014
Sucesor:
Tino Fernández