Audiencia (medios de comunicación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A audiencia dos medios de comunicación é a cantidade de persoas que seguen un medio, sexa este unha publicación periódica, unha radio, unha televisión e mesmo unha páxina web. Mídese a través da cota de audiencia, que representan as porcentaxes de consumo dun medio determinado en relación ao consumo total.

Sistemas de medida[editar | editar a fonte]

O cálculo da audiencia realízase a través de medir canta xente está a oír unha radio (ouvintes), ver unha televisión (telespectadores), mais tamén en relación á prensa e das revistas (lectores) e, recentemente, o tráfico que unha determinada web ten (visitas).

Nas medicións adoitan terse en conta parámetros como son o máximo e o mínimo de cota de audiencia da cada programa, a fidelidade ou a cota de audiencia das cadeas durante un período de tempo determinado (como pode ser unha semana, un mes ou un ano). Unha forma de medir as audiencias é a través de enquisas ou de aparellos como audímetros.

Os cálculos desagréganse polos distintos medios de comunicación que forman parte do estudo (xornais, cadeas de televisión ou de radio...).

A súa importancia radica en que canta maior for a audiencia dun determinado medio, maior pode ser o rendemento que tirar da súa publicidade ou maior a atracción que supón anunciarse nun medio concreto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]