Ataque de tiburón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sinal de perigo sobre a presenza de tiburóns en Suráfrica.

O termo ataque de tiburón emprégase para describir un ataque dun tiburón sobre unha persoa. Cada ano rexístranse máis de 70 ataques en todo o mundo. Malia a súa relativa infrecuencia, moita xente ten medo dos ataques de tiburón, especialmente despois de ocasionais ataques en serie, como o de vaga de ataques de tiburón de Nova Jersey de 1916, e filmes de terror como Tiburón. Das máis de 480 especies de tiburón, só tres son responsables dun número de dous díxitos de ataques fatais e non provocados: o tiburón branco, o tiburón tigre e o tiburón touro;[1] porén, o tiburón oceánico pode que matara máis náufragos que non quedan rexistrados nas estatísticas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ISAF Statistics on Attacking Species of Shark
  2. Edmonds, Molly. Animals.howstuffworks.com, ed. "HowStuffWorks "Dangerous Shark 4: Oceanic Whitetip Shark"". Consultado o 23 de setembro de 2010.