Asociación Pola Defensa da Ría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación Pola Defensa da Ría
Logo
Tipoorganización medioambiental
Data de fundación1987
Presidente/aAntón Masa Vázquez (1997-) Editar o valor em Wikidata
Localización
EnderezoRúa dos Soportais, nº 9, 1º, 36002
EnPontevedra
PaísGalicia
Na rede
http://www.apdr.info/wp/
Facebook: defensadaria Twitter: defensadaria Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) é unha asociación ecoloxista de Pontevedra. Conta cuns 500 socios. Fundouse a finais de 1987, con carácter aberto, como resposta cidadá ante a grave deterioración ambiental da ría de Pontevedra e o seu contorno. Propón unha explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e un turismo alternativo, fronte á industrialización contaminante, os recheos ou o monocultivo de eucalipto.

Mediante a divulgación e a sensibilización mediante charlas, conferencias ou edicións de boletíns, e actividades como manifestacións, concentracións ou recollidas de sinaturas e denuncias públicas (medios de comunicacións, ante administracións...) e xudiciais, pretende dar a coñecer a problemática medioambiental e a proposta de solucións.

Boa parte desta loita vai concentrada contra os principais focos contaminantes, como a empresa TAFISA (xa trasladada) e o complexo ENCE-ELNOSA.

Colaboracións[editar | editar a fonte]

Marcha contra a concesión da licenza medioambiental por parte da Xunta á planta de ENCE

Colabora con outras plataformas en defensa do medio ambiente, en defensa dos ríos dos Gafos, Lérez ou Verdugo, e con iniciativas populares e mesmo facendo achegas en materias de medio ambiente e urbanismo ó PXOM de Pontevedra.

Desde 1999 forma parte da FEG (Federación Ecoloxista galega), e desde 2002 da plataforma Nunca Máis.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • No ano 2002 foi recoñecida co premio "Cidade de Pontevedra", concedido polo Concello de Pontevedra.
  • En maio de 2005 recibiu o 2º premio "Vidal Bolaño" concedido pola organización Redes Escarlata.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Centro de Estudios y Ordenación del Territorio y Medio Ambiente [ed.] (1982): Estudio de la contaminación de la Ría de Pontevedra: Programa Escorp (tres volumes). Deputación Provincial, Pontevedra
  • Cobelo-García, A. e Prego R. (2003): "Land inputs, behaviour and contamination levels of copper in a ria estuary (NW Spain)", en Marine environmental research, vol. 56, no. 3, p. 403-422. Elsevier, Oxford, ISSN 0141-1136
  • Combarro Combarro, M. P. (1981): Indicadores bacteriológicos de contaminación fecal en la ría de Pontevedra. Memoria de Licenciatura, Facultade de Bioloxía-Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
  • López Rodríguez, M. (1994): Influencia de vertidos industriales en la variabilidad cualitativa y cuantitativa de la flora y vegetación bentónica de la ría de Pontevedra. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela
  • Masa Vázquez, A. (2001): "A Xustiza acusa a Celulosas de 'delito ecolóxico' ", en Inzar razóns, no.24, p. 16-19
  • Masa Vázquez, A. (2006): "Defendemos o fin da actividade de Ence na Ría de Pontevedra", en Cerna. Revista galega de ecoloxía e medio ambiente, no. 48, p. 30-33
  • Masa Vázquez, A. (2008): "Un paso máis cara á consolidación do complexo na Ría de Pontevedra: autorizacións ambientais integradas a ENCE-ELNOSA", en Inzar razóns, no. 37, p. 4-10
  • Patiño Romarís, C. (1997): "Competencia entre agricultura y turismo en la margen norte de la Ría de Pontevedra", en Dinámica litoral-interior: actas XV Congreso de Geógrafos Españoles, p. 493-502. Depto. de Xeografía, Universidade de Santiago de Compostela
  • Prego Reboredo, R. et al. (2003): "Chemical speciation of dissolved lead in polluted environments; a case of study: the Pontevedra Ria (NW Spain)", en Ciencias Marinas, vol. 29, no. 4, p. 377-388
  • Ramírez Fernández, C. (1999): "Un Purgatorio en Pontevedra", en Tempos novos, no. 25, p. 19-27
  • Rodríguez Rey, L. (1984): Dinámica de poblaciones de "Spiochaetopterus costarum" (Claparede, 1868) en la ría de Pontevedra, su importancia como indicador de contaminación. Memoria de Licenciatura, Facultade de Bioloxía-Departamento de Zooloxía, Universidade de Santiago de Compostela