Asdrúbal Ferreiro Cid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asdrúbal Ferreiro Cid
Nacemento1895
Lugar de nacementoXunqueira de Ambía
Falecemento29 de marzo de 1983
Lugar de falecementoSanxenxo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito Civil e Medalla de Prata ó Mérito no Traballo
editar datos en Wikidata ]

Asdrúbal Ferreiro Cid, nado en Xunqueira de Ambía en 1895 e finado en Sanxenxo o 29 de marzo de 1983[1], foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Aquilino Ferreiro e Purificación Cid Pérez de Castro.

A súa obra de 1925 Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia foi empregada por Alexandre Bóveda para a cuestión económica na redacción do Estatuto de Galicia de 1936.

Foi director xeral do Tesouro, director xeral de Usos e Consumos, director xeral de Crédito á Construción, vicepresidente de Iberia[2] e vicepresidente de Estaleiros de Cádiz. Foi condecorado coa Medalla ao Mérito ao Traballo e a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Datos para un ensayo de autonomía administrativa de Galicia, 1923.
  • Derecho procesal recaudatorio (con Hipólito Rossy e Antonio Pérez Morillo), 1944.
  • Episodios regionales (lucha por las libertades populares en la España de la Edad Media) (con Rafael Gibert y Sánchez de la Vega), 1976.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Asdrúbal Ferreiro Cid, ex director general del Tesoro". El País. 30 de marzo de 1983. 
  2. "D. Asdrúbal Ferreiro". EL Pueblo Gallego. 12 de xullo de 1953. p. 3.