As Eiras, O Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Eiras
Igrexa parroquial
ConcelloO Rosal[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas41°55′42″N 8°46′54″O / 41.92833333, -8.78166667Coordenadas: 41°55′42″N 8°46′54″O / 41.92833333, -8.78166667
Poboación247 hab. (2022)
Entidades de poboación5[1]
editar datos en Wikidata ]

San Bartolomeu das Eiras é unha parroquia do concello pontevedrés do Rosal. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 247 habitantes (120 homes e 127 mulleres).[2] Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.[3]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial foi aberta en 1791. A anterior foi trasladada logo das continuas ameazas de crecidas do río Miño. Partindo desde a igrexa hai un vía crucis con 14 estacións, algunhas delas as orixinais dos séculos XVII e XVIII, cara á ermida de Santa María Magdalena, situada no cumio de Castro Fortaleza. A ermida ten uns grandes contrafortes, malia que o templo, de planta rectangular, é pequeno. O cumio, desde onde se observa a parroquia e Portugal, ten unhas sobreiras centenarias.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares das Eiras[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia das Eiras no concello pontevedrés do Rosal

Carril | A Igrexa | O Monte Real | Os Picóns de Abaixo | Os Picóns de Arriba

Parroquias do Rosal[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]