Articulación acromioclavicular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Articulación acromioclavicular.

A articulación acromioclavicular é unha articulación do membro superior, que forma parte do ombreiro.

Superficies óseas[editar | editar a fonte]

Superficies cartilaxinosas[editar | editar a fonte]

Entre o acromion e a clavícula interponse un menisco articular que se inclúe na articulación.

Medios de unión[editar | editar a fonte]

Cápsula articular[editar | editar a fonte]

Ten dúas circunferencias de inserción. A cranial contornea a superficie articular da clavícula. A inferior insírese na superficie acromial.

Ligamentos acromioclaviculares[editar | editar a fonte]

  • Superior: insírese na parte superior do extremo externo clavicular, por dentro da superficie articular e na cara superior do acromion. É o máis forte e consistente.
  • Inferior: insírese na parte inferior do extremo clavicular por dentro da superficie articular e na cara inferior do acromion.

Mecánica articular[editar | editar a fonte]

É unha articulación de estabilización do ombreiro. Presenta pequenos deslizamentos entre as superficies óseas.

Sistema de fixación[editar | editar a fonte]

Consta dunha serie de ligamentos e bolsas serosas establecidos entre clavícula e a apófise coracoide da escápula, son os ligamentos coracoclaviculares:

  • Ligamento conoide: ten forma triangular, de base superior (inserida na superficie inferior clavicular por fóra da canle do subclavio) e vértice inferior (inserido na parte posterior da superficie superior da coracoide).

Anexo atópase a bolsa serosa do conoide que mellora o deslizamento entre as febras.

  • Ligamento trapezoide: ten forma de trapecio. Insírese na superficie superior da coracoide por fóra do conoide e na superficie inferior da clavícula por fóra das insercións do conoide.

Na parte máis caudal, ambos os ligamentos tenden a unírense.

Bibliografía complementaria[editar | editar a fonte]

  • Netter, Atlas de Anatomía Humana
  • Gray, Anatomía para estudiantes