Arteria axilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arteria axilar

A arteria axilar é unha arteria do membro superior humano, pertencente á rexión da axila. Abastece de sangue as paredes da axila, as rexións próximas e continúa, para dar, xa no brazo, lugar á arteria umeral. É unha rama terminal da arteria subclavia, cuxo límite é o bordo lateral da primeira costela. No bordo inferior do músculo redondo maior convertese na arteria umeral. Para o seu estudo anatómico, a arteria axilar divídese en tres segmentos: primeiro (na zona proximal ao músculo pectoral menor), segundo (por detrás do pectoral menor) e terceiro (na parte distal ao pectoral menor). A primeira parte está protexida pola cuberta axilar.

Ramas da arteria axilar[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray, anatomía para estudiantes. Membro superior. (en castelán)