Aquila heliaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aquila heliaca

Testa dunha Aquila heliaca.
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: Aquila
Especie: A. heliaca
Nome binomial
Aquila heliaca
Savigny, 1809
Sinonimia

Aquila heliacea heliacea

Aquila heliaca

A Aquila heliaca é unha ave rapaz, semellante á aguia real, pero un pouco máis pequena (80 cm de longo e 200 cm de envergadura).

Distribución xeográfica

Atópase no sueste de Europa e Oeste e Centro de Asia. No inverno migra a África, a India e a China.

Na Europa a aguia está en serio perigo de extinción, e xa desapareceu da Hungría e da Austria. En España quedan 170 parellas, nos últimos anos detéctase unha pequena recuperación, sobre todo no parque de Doñana.

Habita en campo aberto con pequenos bosques e aniña en árbores solitarias.

A poboación en España, Portugal e parte de Marrocos era considerada anteriormente unha subespecie, pero é agora unha especie propia (Aguia imperial ibérica, Aquila adalberti).

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.