Antonio de Nebrija

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio de Nebrija

Retrato de Nebrija.
Biografía
Nacemento(es) Antonio Martínez de Cala e Hinojosa Editar o valor em Wikidata
1441
Lebrija
Morte5 de xullo de 1522
Alcalá de Henares
Datos persoais
Outros nomesElio Antonio de Nebrija Editar o valor em Wikidata
ResidenciaLebrija
Boloña
Salamanca
Alcalá de Henares Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingüística Editar o valor em Wikidata
OcupaciónHumanista
EmpregadorUniversidade de Salamanca
Universidade de Alcalá
Universidade de Boloña Editar o valor em Wikidata
ProfesoresPetrus Martinez de Osma (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAndré de Resende e Cristóbal Escobar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua latina, castelán medieval e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosFrancisca de Nebrija (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Antonio Martínez de Cala e Hinojosa, coñecido como Elio Antonio de Nebrija[1], nado en Lebrija en 1441 e finado en Alcalá de Henares o 5 de xullo de 1522,[2] foi un humanista andaluz do século XV.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nebrija na súa cátedra, por Juan de Zúñiga, ca. 1517.
Reglas de orthographia en la lengua castellana (1517).

Elio Antonio naceu na poboación sevillana de Lebrija no ano 1441. Despois de realizar os seus estudos preparatorios ingresou na universidade de Salamanca, a máis notoria da Coroa de Castela, na que realizou estudos de Humanidades. En 1463 foise para Boloña, Italia, a fin de ampliar a súa formación. Regresou ao cabo duns sete anos, e foi profesor, primeiro en Sevilla, e logo en Salamanca. Nesta altura xa publicara os seus primeiros traballos sobre a lingua latina, nun latín elegante, que o encheu de sona, non só en España, senón en toda Europa. Chamado polo cardeal Cisneros, en 1490, Nebrija acudiu a Alcalá de Henares, onde aquel o puxo a fronte da revisión das traducións grega e latina da monumental edición da Biblia Políglota, labor que rematou en 1502.

A Gramática Castelá de 1492[editar | editar a fonte]

Antes, en 1492, publicou a Gramática de la Lengua Castellana, que dedicou aos Reis Católicos, na que aparecía a famosa frase, premonitoria, "a lingua sempre foi compañeira do Imperio", aínda que posibelmente Nebrija pensaba no Imperio Romano e outros da Antigüidade, antes que no castelán como lingua imperial. E, sen dúbida, era consciente do aboiar das linguas romances desde o Rinascimento italiano, pois non en van o seu texto ía redactado en castelán. Como for, o caso é que Nebrija innovaba coa súa Gramática e adiantaba ao castelán nas investigacións modernas sobre a lingua (basta comparar as datas das modernas gramáticas nas diversas linguas europeas). Por desgraza, segundo foron pasando os anos do século XVI, os estudos humanísticos españois deixaron de ser avanzados, e a Ciencia en xeral declinou.

Últimos anos[editar | editar a fonte]

En 1509, foi nomeado cronista da corte, ao tempo que regresou á universidade salmantina. Mais en 1513, volveu para Alcalá de Henares, e alí faleceu Nebrija en 1522.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Introductiones in latinam grammaticam (1481).
  • Gramática de la Lengua Castellana (1492).
  • Dictionarium Latinum-Hispanicum et Hispanicum-Latinum (1492-1495), en dous volumes.
  • Elegancias romanzadas (1500).
  • Reglas de Ortografía Española (1517).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu pseudónimo está baseado no topónimo da súa cidade, como era costume de moitos humanistas da época. A forma latina era Aelius Antonius Nebrissensis, pois Nebrissa era o nome romano de Lebrija ou Nebrija, como tamén se dicía na época (ou para ser máis precisos Nebrixa).
  2. El Mundo, ed. (1996). Enciclopedia Universal de la Cultura A~Z El Mundo (en castelán). Barcelona. p. 652. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]