Antonio Tejero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Tejero

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Antonio Tejero Molina Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1932 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
Alhaurín el Grande, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
EducaciónAcademia Xeral Militar
Universidad Nacional de Educación a Distancia - Xeografía e Historia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngarda civil , oficial Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarGarda Civil Editar o valor em Wikidata
Rango militarteniente coronel (en) Traducir (1974–) Editar o valor em Wikidata
ConflitoGolpe de estado do 23 de febreiro de 1981 Editar o valor em Wikidata
Participou en
23 de febreiro de 1981Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981
11 de novembro de 1978Operação Galaxia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2504312 Editar o valor em Wikidata

Antonio Tejero Molina, nado en Alhaurín el Grande (Málaga) en 1932, é un ex-tenente coronel da Garda Civil. Foi un dos principais xefes do golpe de estado frustrado do 23 de febreiro de 1981 en España, popularmente coñecido como 23-F.

Golpe de estado[editar | editar a fonte]

Xa fora procesado en 1979 por un intento de golpe de estado coñecido como Operación Galaxia. Por este feito foi condenado a sete meses de cárcere.

Nunha carta aberta ao rei Xoán Carlos I publicada no xornal El Imparcial con anterioridade ao 23-F argumentou que "...no proxecto de Constitución hai demasiadas bandeiras facendo sombra á única e neste proxecto non van incluídos algúns valores polos que cremos paga a pena arriscar as nosas vidas. Nel non están os nosos mortos".

A tarde do 23-F, ao mando duns 200 gardas civís asaltou o Congreso dos Deputados, que neses momentos celebraba a sesión de investidura como presidente do Goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Secuestrou a todos os deputados ata as 10 da mañá do 24 de febreiro de 1981, cando se entregou ao fracasar o intento de golpe de estado.

En principio Tejero pensaba apoiar coa toma do Congreso co obxectivo de axudar ao xeneral Alfonso Armada a tomar o poder como presidente dun Goberno de salvación nacional pero cando este último lle comunicou os seus plans de que no devandito goberno houbese representantes de tódolos partidos (incluídos socialistas, comunistas e nacionalistas), sublevouse contra o seu superior e continuou actuando pola súa conta.

Prisión e últimos anos[editar | editar a fonte]

Foi procesado e encarcerado, permanecendo na prisión de Alcalá de Henares ata o 3 de decembro de 1996 en que saíu en liberdade condicional.[1] Dende o 17 de setembro de 1993 xa gozaba de réxime aberto. En 1982 organizou dende o cárcere un efémero partido político de extrema dereita para presentarse ás eleccións xerais, Solidaridad Española, que desapareceu tras estas debido aos seus raquíticos resultados.[2]

Foi expulsado da Garda Civil e actualmente reside entre Madrid e Alhaurín de la Torre, nos últimos tempos escribiu cartas ao director do xornal Melilla Hoy criticando o estatuto de Cataluña.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Mundo. O ex tenente coronel Antonio Tejero, en liberdade condicional, edición do 4 de decembro de 1996.
  2. Ministerio del Interior. Elecciones generales de 1982 Arquivado 09 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.: Solidaridad Española (SE), 28.451 votos válidos (0,14%)
  3. ¿Hasta cuándo… Zapatero? Arquivado 20 de outubro de 2007 en Wayback Machine., 25 de xaneiro de 2006, Melilla Hoy

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]