Antonio Fernández López (empresario)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntonio Fernández López
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Morteoutubro de 1971 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAntonio Fernández Fernández Editar o valor em Wikidata
IrmánsXosé Fernández López Editar o valor em Wikidata

Antonio Fernández López, nado en Lugo en 1903 e finado a finais de outubro de 1971, foi un empresario e filántropo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos catro fillos de Antón de Marcos, o empresario sarriao Antonio Fernández, xunto cos seus irmáns Xosé, Manuel e Conchita. Estudou o bacharelato no Instituto de Ensino Medio de Lugo (actual IES Lucus Augusti). Despois fíxose aparellador e marchou a Madrid onde en 1931, conseguiu titularse Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos.[1] Trala guerra civil española sufriu represalias polo seu compromiso nacionalista e republicano, prohibíndoselle exercer como enxeñeiro.[2]

Foi o creador de numerosas empresas, entre as que se atopan Zeltia en 1939, Frilugo en 1941, Transfesa en 1942, Antibióticos S.A. en 1949, Frigsa en 1951, Cementos Oural (máis tarde Corporación Noroeste) en 1958 e Pescanova en 1960.

Tamén participou na fundación da Editorial Galaxia en 1950, e a Fundación Penzol[3] en 1963.

Granxa de Barreiros e Colexio Fingoi[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista filantrópico é o creador dunha experiencia pedagóxica chamada Granxa de Barreiros en 1948, destinada a fomentar a información e capacitación do campesiñado galego. En 1950 fundou tamén o Colexio Fingoi, en Lugo, cun proxecto educativo vencellado ás ensinanzas de Francisco Giner de los Ríos e da Institución Libre de Enseñanza. Os edificios que albergan ambas as dúas institucións, ademais dun chalé que se construíu nos arredores da aldea de Fingoi, son obra do arquitecto galego Manuel Gómez Román.

No ano 1951 financiou un proxecto do músico Faustino Santalices para a creación dun obradoiro-escola de instrumentos galegos en Lugo. Este obradoiro foi fundamental para a conservación e difusión da zanfona en Galicia.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1971 foi nomeado fillo predilecto da provincia de Lugo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Fernández Puentes & Casar García (2020), p. 10
  2. Pousa, A. e Arias, V. (2001). Antonio Fernández López. Empresario, reformador e filántropo. Vigo: Editorial Ir Indo.
  3. VV.AA. (2006). "Fernández López, Antonio". Diciopedia do século 21. Tomo 2. vigo: Ediciós do Castro / Edicións do Cumio / Galaxia. p. 894. ISBN 84-8485-240-7. 
  4. García Bilbao, Julio (1996). "Averiguaciones sobre la zanfona de Faustino Santalices" (PDF). Anuario da gaita (11): 64-65. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]